Igrexa ortodoxa siríaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
No ano [[518]], o patriarcado foi obrigado a desprazarse a diversas localidades ata establecerse definitivamente no mosteiro de [[Dayro d-Mor Hananya]], tamén chamado Kurkmo Dayro, en Mardin, [[Turquía]] no século XIII. Tras as persecucións e matanzas de principios de século polos patriotas turcos e os kurdos, en 1957, refuxiouse en [[Damasco]]
 
Trátase dunha Igrexa semítica, moi próxima á lingua e a cultura do Xesús histórico. Na súa [[liturxia]] emprega o [[siríaco]] ou [[arameo]] e é a máis antiga das conservadas do cristianismo primitivo. Vítima do acoso e as persecucións, esta Igrexa mantense viva principalmente en [[Siria]], [[Líbano]], e [[India]]. O abandono por parte das potencias occidentais e o auxe do islamismo fan dela unha forma cultural a piques da extinguirse para sempre.
 
O cristianismo siríaco tivo un especial foco de expansión en [[Edessa]], ata o punto de que existen tradicións lendarias que recollen correspondencia entre o rei [[Abgar Ukomo]] e o propio Xesús, e de como un dos setenta discípulos chamado Edai curou a ese monarca da súa enfermidade. O que é rigorosamente histórico é que o cristianismo estaba solidamente implantado en Edessa a principios do século II. Isto fai competir a Edessa con [[Armenia]] na reivindicación de seren os primeiros reinos cristiáns da historia da humanidade, por suposto moito antes da conversión da propia Roma.
Liña 25:
O [[Emperador]] apoiou o credo de Calcedonia, o que provocou o exilio dos bispos, incluído o [[Patriarca Mor Severius]] e a persecución dos fieis. Mor Siverius está considerado o ''Togho d-suryoye'', é dicir, ''Coroa dos Siríacos''. Será [[Xacobe Baradeus]] quen marque o renacer da Igrexa. Viaxou a Constantinopla onde se gañou o favor da Emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], filla dun sacerdote siríaco. Xacobe ordenou 2 bispos e centos de sacerdotes e diáconos. Desde que isto aconteceu, a Igrexa Siríaca celebra o 30 de xullo como o día de San Xacobe, conmemorando a súa morte en 578. De aí deriva o nome, non aceptado polos siríacos, de '''Igrexa Xacobita'''.
 
Os xerarcas eclesiásticos siríacos non recoñeceron a autoridade do patriarcado de Constantinopla e favoreceron o dominio dos exércitos árabes que foron recibidos como auténticos liberadores do xugo do [[Imperio Bizantino]]. É do elevado traballo dos monxes siríacos de onde os sabios musulmáns recibirían a cultura grega, que máis adiante divulgarían na súa expansión cara occidente.
 
Os siríacos tiveron o seu propio cisma interior, unha comunidade aglutinada ao redor do sartego de [[San Marón]] non aceptou o monofisismo, e acabou acubillándose nos bosques do Líbano. Son os [[maronita]]s, que se encontraron os cruzados e que aceptaron, na época do [[Reino Latino de Xerusalén]], a autoridade do [[Papa]]. Aínda que conservan a liturxia siríaca, hoxe en día o seu ritual consérvase moi latinizado.