Celestino I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 9:
Non por iso deixa Celestino de afronta-lo cargo; as misivas dedicadas en forma de cartas extensas, dirixidas na súa maioría ós bispos, tratan sobre a santidade, a dedicación e maila aprendizaxe do santo. Mais tamén fan reflexo nelas dos ataques sobre a súa memoria por parte de semipelaxianos, aos que lideraba o asceta Xoan Cassian; e que pola contra o que Celestino buscaba, escomenzaron a ter máis influencia. Polo que o papa aboga por defender os dereitos da igrexa e a dignidade da súa posición.
 
Xa xurdiran accións na contra da igrexa cristiá polas seitas (maniqueos, pelaxianos, novacianos e outros) que se arrexuntaron coas breves invasións das hordas bárbaras que chegaban até o corazón do imperio. E máxime cando [[Nestorio]] (ou Nestorius) chegou a ser bispo de Constantinopla no [[428]] que, nun principio, contaba co beneplácito de Celestino. Mais uns meses máis tarde escomenzou a levantar sospeitas polos recibimentos agarimosos dos pelaxianos (que Celestino rechazara en [[Roma]]); e por enriba os rumores das ensinanzas na prol da dualidade de [[Xesús]].
 
Como os rumores eran cada vez máis fortes en Roma, Celestino decide que sexa San [[Cirilo de Alexandría]] quen investigue o caso, achando este que Nestorio os profesa de forma aberta, polo que fai un reconto e remíteo a Celestino, quen as tacha de herexía. Mais Cirilo recababa máis información. Celestino adícase a limpar Roma das herexías do maniqueos e outras que non deixaban paz na relixión. Contou para iso coa axuda de dúas personalidades moi importantes da época: por un lado [[Gala Placidia|Placidia]] que estaba en contacto con Celestino, e pola outra [[Valentiniano III]] (fillo da mesma) que executaba os requerimentos da súa nai. Deste xeito, Celestino, puido excluír a Coelestio (ou Coelestius) xa que parecía ser o discípulo máis asociado a Pelaxio (ou Pelaxius) aproveitando a condena da seita do Consello de Efesio. Firme defensor dos canons antigos, os cales lle fai ver os bispos de [[Illiria]] e aremolina o canones de vella data (que recabara o anterior vicario: o bispo de [[Tesalónica]]), sen os cales non estaba permitido consagrar a ningún bispo ou facer algún concilio. Na mesma liña (o 26 de xullo de 428) escribe aos bispos de [[Viena]] e [[Narbona]] (nos que aproveita para recordalles os canons orixinais, alentados na súa resistencia as pretensións da Sede de [[Arles]]), Cesletino cumpre con iso as observancias do seu predecesor (que segundo os historiadores, non era outro que San [[Sisto III, Papa|Sisto III]]).
Liña 24:
Dentro do ano [[432]], Celestino recibe unha nova que lle fai reconsidera-lo caso da evanxelización de [[Irlanda]]; ve como as noticias de que Paladio abandonara a misión a finais de 431 por problemas de saúde (non era para menos, morrería no transcurso do ano [[432]] en [[Bretaña]]). Unha decisión imperaba e recaía nun monxe de nome San [[Patricio]] (quen, con anterioridade, foi rexeitado para a misión), polo que recibe as ordes de Celestino (posiblemente o [[10 de xullo]] de [[432]]) de seguir co traballo do Paladio na evanxelización de [[Irlanda]]. O [[27 de xullo]] de 432 falece Celestino I en Roma; esta data é recoñecida pola maioría dos haxiógrafos, pero outros cren (particularmente a [[Igrexa Latina]]) que o seu falecemento ocorreu o [[6 de abril]] do mesmo ano, data na que, tamén indican, o seu corpo foi colocado nas Catacumbas de [[Santa Priscila]]. Non comparte a mesma opinión a [[Igrexa Grega]], que lle fai grandes honras (pola súa condena a Nestorio) o [[8 de abril]]. Pero con todo iso hai un dato no que se amosan dacordo os haxiógrafos e historiadores, tratábase da escrita que foi posta no seu sartego, que di: "A súa santísima alma goza xa da visión de Deus".
 
A controversia está servida en tres partes: as datas de falecemento (que xa se mencionou enriba); o tema do traslado dos restos e como remate as escritas. No ano [[820]] ([[817]] segundo outros) o Papa [[Pascual I, Papa|Pascual I]] decide que os restos de San Celestino sexan repartidos no traslado entre a [[basílica]] de Santa Práxedes (ou Prassede) e o resto para a [[catedral]] de [[Mantua]]. Non opinan así algúns dos eruditos, xa que parece ser que os restos deste santo están na Igrexa antes mencionada sendo a catedral de Mantua a que reclama tamén ter parte das súas reliquias. A terceira controversia vén servida na prol das escritas que deixou. Mantense a cantidade de 16 cartas e o fragmento dun discurso lido no sínodo de Roma do ano [[430]]. Por séculos creuse que a "Capitula Coelestini" (unha obra que trata en 10 cartas as decisións sobre o suxeito da graza) poidera ser de Celestino; pero na actualidade está considerado un dos traballos pertencentes a San Próspero de Aquitania.
 
Os historiadores tamén poñen en supostos o contido de "[[Liber pontificalis]]" mailo que esta escrita presenta o Introito da Misa. De certo si se sabe que corresponde a Celestino a introdución na [[Misa]] de varias partes importantes, contándose entre elas o Introito e o bastón pastoral. Porén, as cartas súas están recolleitas nas "Decretais", mailo que o bibliotecario Anastasio (Anatasius) atribúe a el varias outras constitucións pero con pouca autoridade, como a conservación dunha carta dirixida a Venerio e a Marino ("Et caeteris Galliarum episcopis").