Xogos florais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m correccións con AWB, replaced: sua → súa, typos fixed: entorno → contorno using AWB
Liña 59:
 
=== Santiago ===
A cidade do apóstolo, tras a súa tradición cos certames das Festas Minervais, celebrou no ano 1875 unha nova edición de Xogos Florais no que interviron figuras moi destacadas como [[Manuel Murguía]], [[Valentín Lamas Carvajal]] e [[Salvador Golpe Varela]]. Neste certame participou e foi premiado [[Ramón María del Valle-Inclán e Bermúdez]], pai de Ramón Valle Peña, máis coñecido no mundo literario como [[Ramón María del Valle-Inclán]].
 
=== Ourense ===
Liña 66:
O primeiro de outubro o xurado reuniuse no salón do Instituto de Segunda Enseñanza para examinar os textos “inéditos e orixinais” presentados ao Certame. Nese mesmo acto chegouse á determinación de invalidar os traballos presentados ao premio da mellor biografía, xa que ningún dos presentados reunía os requisitos exixíbeis.
 
O día do certame unicamente foron entregados os premios poéticos, concedendo o Pensamento de Ouro e Prata á poesía ''A Galicia'', de Valentín Lamas Carvajal. A Rosa de Ouro foi outorgada a [[Emilia Pardo Bazán]], pola súa ''Oda a Feijóo''.
 
=== Vigo ===
Datan do 24 de xuño de 1883. O discurso de apertura foi pronunciado por Manuel Fernández de Herba e finalizado este, nomeouse aos poetas laureados. Recibiu a Flor Natural [[José María Ortega Morejón]], polo seu poema ''Numancia''. O resto dos premios distribuíronse da seguinte forma:
 
O poeta [[Benito Losada Astray]] foi galardoado coa Escribanía e a Pluma de Prata pola súa lenda ''A estrela de Vera''. A Copa de prata foi entregada ao poeta [[Daniel Balaciart y Formo]] pola súa composición ''A las Glorias de la Marina Española''. A Coroa de Loureiro de Prata e Ouro foi para [[Manuel Martínez González]] polo seu romance ''Fernán Pérez Churruchao''.
 
Por outra banda, o xurado decidiu premiar ao poeta vigués, [[Nicolás Taboada Fernández]], pola súa composición ''A Vigo'' cunha copa de prata cicelada . Outros poetas premiados foron [[Manuel Diego Santos]], por ''Al trabajo''; [[Juan Pastor Aycart]] ou [[Manuel Comellas]], pola súa obra poética ''A Galicia''. O ano anterior, este mesmo poeta, fora laureado na Coruña co poema ''Cidade de cristal''.
Liña 97:
* [[Martín Diez Spuch]] foi galardoado coa "Rama de roble" pola súa composición ''O Derradeiro Trovador''.
* [[Juan García Caballero]] recibiu a "Violeta de prata e ouro".
* [[Filomena Dato Muruais]] gañou o "clavillo" pola suasúa composición ''O gaiteiro de Xixón''.
 
=== Lugo ===
Liña 112:
 
== Xogos galego-portugueses ==
As conexións galego-portuguesas vense reflectidas neste entornocontorno, coa celebración en distintas localidades lusas dos Xogos Florais galego-portugueses. Algunha das edicións con máis repercusión foi a de [[Guimarães]] en 1958, na que foi premiado o galego [[Xosé María Álvarez Blázquez]].
 
Neste aspecto, nos anos 20, destacou a figura de [[Alfredo Guisado]], quen fomentou as relacións entre portugueses e nacionalistas galegos, intervindo en varias publicacións galegas e portuguesas e mostrando un grande apoio á celebración destes Xogos.
 
Actualmente seguen a celebrarse estes certames en distintos lugares de Galiza, en case tódalas localidades mencionadas anteriormente e mantendo sempre o mesmo espírito que motivou o seu nacemento, a defensa e protección da lingua e literatura galegas.
 
== Notas ==