Torre de Bermúdez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
Liña 1:
{{Coordenadas|42|36|04|N|08|56|21|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:Museo-valle.jpg|miniatura|300px|Entrada ó Museo Valle-Inclán.]]
Liña 6:
 
==Historia==
O primeiro documento onde se menciona esta construción, escrito en 1751 por Miguel Joseph González Soldado, asegura que eran propietarios do edificio o mercadermercador Juan Domínguez Giance e mais a súa muller Constanza Domínguez de Búa. É por isto polo que se lles atribúe tradicionalmente a súa construción a mediados do século XVI, unha época especialmente esplendorosa no Caramiñal, que en 1554 fora elevada á categoría de vila por [[Gómez Pérez das Mariñas III|Gómez Pérez das Mariñas]], señor do lugar e rexedor da cidade de [[Santiago de Compostela]]. Porén, algunhas fontes ven difícil que o señor do Caramiñal lle permitise a un vasalo construír unha edificación tan singular, e apunta ben ao propio Gómez Pérez das Mariñas como promotor da construción, ben á cesión do edificio ou do seu solar a cambio dun contrato de [[Foro (contrato)|foro]], aténdose a determinadas condicións. <ref>http://desdeacurota.wordpress.com/2010/10/28/mestres-canteiros-de-gran-fama-construian-pazos-en-caraminal/</ref>.
 
O edificio estivo logo vinculado á familia de [[Ramón María del Valle-Inclán]], xa que serían os seus pais [[Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro]] e Dona Dolores de la Peña y Montenegro os derradeiros residentes.
Liña 14:
Durante esa época, Valle-Inclán solicítalle a [[Afonso XIII]] a recuperación da torre que fora propiedade dos seus pais, así como a concesión dun título nobiliario de acordo coa súa liñaxe, aínda que se lle verían frustradas ambas as dúas ambicións.
 
Máis tarde, o seu amigo [[Victoriano García Martí]], escritor pobrense, mobiliza aos coñecidos de Valle<ref>[http://books.google.es/books?id=wEHMT_AvZbQC&pg=PA589&dq=torre+berm%C3%BAdez&hl=en&ei=cx-ETb-iB8iAhQeQ_Ly1BA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CEIQ6AEwBQ#v=onepage&q=torre%20berm%C3%BAdez&f=false] VV.AA.: "Todo Valle-Inclan en Roma (1933-1936)". Universidad de Santiago de Compostela</ref> para facerse coa torre e así regalarlle ao dramaturgo "una noble mansión que en la paz de una vieja villa marinera o en elevada crestería de un suave paisaje virgiliano, pregone con el airón de su torre la gloria de este gran señor de las letras..." De novo, este desexo non se fixo realidade.
 
Coa crise que supuxo a escaseza de sardiña, a industria de salgadura do concello arruinouse, facendo que o antigo pazo deixase de ser un almacén para converterse nunhas meras ruínas.
Liña 42:
== Notas ==
{{listaref}}
 
 
 
[[Categoría:Pazos da provincia da Coruña]]