Troita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m correccións con AWB, replaced: sua → súa, typos fixed: cualquera → calquera, entorno → contorno using AWB
Liña 29:
* ''Trutta fario'' <small>(Linnaeus, 1758)</small>
 
As troitas do norte de [[Italia]] foron clasificadas como ''Salmo cenerinus''.<ref>Kottelat M. & Freyhof J. (2007): ''Handbook of European Freshwater Fishes'', Publications Kottelat, Cornol (CH), pp. 401-430.</ref>
 
Pero recentes investigacións bioxeográficas e [[molécula|moleculares]] do [[ADN mitocondrial]] demostraron que este [[taxon]] non era válido xa que entraría na variabilidade da aínda non descrita troita mediterránea ''Salmo mediterraneus''. Cómpre ter en conta que esta suposta especie é xeneticamente idéntica a ''Salmo cettii'' (troita sarda) do centro-sur da península italiana, polo que se pode supoñer que a súa coloración sexa un carácter [[fenotipo|fenotípico]] e non xeneticamente determinado.<ref>Bernatchez, L. (2001): "The evolutionary history of brown trout (''Salmo trutta'' L.) inferred from phyleogeografic, nested clade, and mismatich analyses of mitochondrial
DNA variation". ''Evolution'', '''55''': 351-379.</ref> <ref>Gibertoni, P. P.; Penserini, M.; Esposito, S.; Leonzio, C.; Radi, M. & Querci, G. (2010): "Ipotesi di distribuzione originaria delle popolazioni di salmonidi nativi per le acque italiane". ''Atti del XII congresso AIIAD'', S. Michele dell'Adige (Tn), 6-7 giugno 2008. Studi Trentini di Scienze Naturali – Acta Biologica.</ref>
 
== Características ==
Liña 38:
[[Ficheiro:Salmo trutta Prague Vltava 1.jpg|miniatura|220px|Troita no [[río Moldava]] en [[Praga]].]]
 
A troita é unha especie morfoloxicamente moi semellante ao [[Salmo salar|salmón]], de corpo alongado, comprimido nos flancos, coa cabeza robusta, aguzada cara á boca, dotada de fortes dentes; diferénciase do seu parente, á parte do tamaño, pola constitución do corpo, que é máis forte, curto e alto.<ref name=RV1/>
 
Os maxilares sobrepasan o nivel da marxe posterior do ollo. As [[aleta|aletas pectorais]] e [[aleta|caudal]] son moi robustas, e as [[aleta|aletas pelvianas]] e [[aleta|anal]] pequenas, esta última oposta á [[aleta|adiposa]], que está moi atrasada.<ref name=RV1>Rodríguez Villanueva ''et al.'' (1995), p. 368.</ref>
 
A lonxitude varía xeralmente nos cursos de auga nos que. Nos regatos e pequenos ríos de montaña non supera case os 30 &nbsp;cm e os 300 g de peso; nos ríos máis grandes dos vales, e nos lagos, onde a riqueza da ictiofauna é maior, algúns exemplares poden alcanzar pesos considerábeis, de entre os 5 e os 7 &nbsp;kg. Porén, en [[Galicia]] non adoitan acada más de 40 &nbsp;cm de lonxitude e 1 &nbsp;kg de peso.<ref name=RV2>Rodríguez Villanueva ''et al.'' (1995), p. 369.</ref>
 
A [[cor|coloración]] é extremadamente variábel, para mimetizárense co entornocontorno. Normalmente o dorso e os flancos son apardazados con manchas negras ou vermellas, aureoladas ou non de claro.<ref name=RV1/>
 
As troitas que viven nos lagos presentan un aspecto semellante ao do reo (''[[Salmo trutta trutta]]'').
 
== Distribución, hábitat e bioloxía ==
Encóntrase en case toda [[Europa]], desde [[Noruega]], [[Suecia]], [[Finlandia]] e o norte de [[Rusia]] até [[España]], o norte de [[Portugal]], [[Francia]], [[Suíza]], [[Eslovenia]] [[Croacia]], [[Serbia]] e [[Romanía]], e foi introducida no norte de [[Italia]].<ref name=iucn/> Hoxe en día, e debido ás repoboacións, pode acharse case en cualqueracalquera lugar.
 
Vive en cursos de auga rápidos e fríos, claros, ben oxixenados; nos meses invernais xeralmente baixo [[Fervenza|cataratas]], [[fervenza]]s e [[Fervenza|cachóns]], co [[fociño]] cara á corrente á espreita das súas [[depredación|presas]], mentres que en verán permanece no fondo agardando polos [[insectos]] que pousan na superficia da auga, dos que se alimenta.
 
Pero non só come insectos, senón tamén outros [[invertebrados]], como pequenos [[crustáceos]], e tamén pequenos [[peixes]].<ref name=RV2/>
 
Reprodúcese nos meses invernais, entre novembro e febreiro, poñendo de 80 a 1.600 ovos.<ref name=RV2/>
Liña 62:
[[Ficheiro:Truite fario.JPG|miniatura|220px|Troita acabada de pescar.]]
 
Dado que este peixe é un [[depredación|depredador]], captúrase con [[larva]]s de [[insectos]], con [[miñoca]]s de terra e mariños (como o [[poliqueto]] ''[[Arenicola marina]]'') e con [[peixes]] vivos ou mortos, de auga doce e auga salgada (que non deben exceder os 5 &nbsp;cm de longo para que se poidan enganchar no [[anzol]] máis facilmente.
 
Tamén se pesca coas técnicas da [[pesca con mosca]] e da [[Pesca deportiva|pesca con culleriña]].
 
A suasúa carne é moi apreciada.
 
Ademais, é unha peza moi apreciada tamén pola súa suspicacia, xa que require a máxima atención para a súa pesca.
Liña 75:
== A troita na gastronomía galega ==
Dicía o mestre [[Álvaro Cunqueiro]] que
{{cita|''Galicia é o país dos dez mil ríos: algúns son grandes, outros medianos, outros pequenos, outros regatos que baixan dos montes ás valiñas e vales, e que nunha parte do curso seu atorrentan e brincan, escumexan, e noutras rermansan e apozan.''|Cunqueiro, Á. ''A cociña galega'', p. 89.}}
 
Proseguindo:
Liña 82:
Pola súa parte, o seu discípulo [[Jorge Víctor Sueiro]] cóntanos que
 
{{Cita|''En Galicia, con centenares de ríos trucheiros, a afeizón a esa pesca é enorme e todos os anos, ao seu tempo, miles de afeizoados pescadores saen con canas e trebellos á busca dos delicados e requintados peixes. Cada tempada, polo que me din, a pesca da troita ponse máis difícil. Mais aínda, porén, pode un "encargar" aos expertos, aos vellos e sabios pescadores, unha "troitada", de non importar demasiado o que nos custe''. (...).|(traducido de Sueiro. J-V. ''Comer en Galicia'', p. 113.)}}
 
Em canto á forma de preparalas, relata que unha noite en Mondoñedo, no curso dunha pantagruélica cea cun grupo de amigos,
 
{{Cita|''Fan a súa aparición as troitas es seis sabores: fritidas en unto de porco, encamisadas en xamón, escabachadas, con maionesa, empanadas e... non lles digo maís que para "El Capellán", de Viloalle, as troitas sí están boas con arroz''...|(traducido de Sueiro. J-V. ''Comer en Galicia'', p. 18.)}}
Liña 105:
=== Cantigueiro ===
* Polo río abaixo vai/ unha troita de pé,/ quen a poidera pillar,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera pillar,/ polo río abaixo vai/ unha troita a nadar.
* Vaite á merda, vaite á merda,/ cara de troita lambeta/ que na punta do zapato/ levo un corno que che meta.
 
=== Fraseoloxía ===
Liña 120:
=== Bibliografía ===
* [[Álvaro Cunqueiro|Cunqueiro, Álvaro]] (1973): ''A cociña galega''. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5.
* [[Clodio González Pérez|González Pérez, Clodio]] (1988): "O refraneiro do mar", en ''Coloquio de etnografía marítima'', cap. 12, pp. 137-147&nbsp;137–147. Santiago: Museo do Pobo Galego.
* Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
* Nelson, J. S. (2006): ''Fishes of the World''. 4th ed. New York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.