Diferenzas entre revisións de «José Zorrilla»

Mecenado
m (Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada))
(Mecenado)
Volveu a [[Madrid]] en [[1846]] ao morrer a súa nai. Vendeu as súas obras á casa Baudry de París, que as publicou en tres tomos en [[1847]]. En [[1849]] recibiu varias honras: foi nomeado membro da xunta do recén fundado [[Teatro Español]]; o Liceo organizou unha sesión para exaltalo publicamente e foi admitido na [[Real Academia Española]] (se ben non tomou posesión até [[1885]]). Pero o seu pai morreu ese mesmo ano e iso supúxolle un duro golpe, pois o feito de que se negara a perdoalo e as considerables débedas que lle deixou, supuxeron un gran peso na súa conciencia e no seu peto, o que afectou á súa obra.
 
Fuxindo de novo da súa muller, volveu a París en [[1851]], onde estivo coa súa amante Leila, e viaxou a [[Londres]] en [[1853]], onde o famoso reloxeiro Losada axudoulle a liberalo dos seus inseparables apuros económicos. Despois pasou once anos en [[México]], primeiro baixo o goberno liberal e despois baixo a protección e mecenazgomecenado de [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]], pasando [[1858]] en [[Cuba]].
 
Nese país tivo unha vida de illamento e pobreza, sen mesturarse na guerra civil entre federalistas e unitarios. Porén, trala chegada ao poder de Maximiliano I en [[1864]], Zorrilla convertirse en poeta académico e foi nomeado director do [[Teatro Nacional de México|Teatro Nacional]].
10.315

edicións