Forges: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Dirixiu dúas películas (''País S.A.'', [[1975]], e ''El Bengador Gusticiero y su pastelera madre'', 1977) e 4 series de humor en televisión, ''El Muliñandupelicascarabajo'' ([[1968]]), ''Nosotros'' ([[1969]]) e ''24 horas aquí'' ([[1976]]), en [[TVE]]; e ''Deforme semanal'' ([[1991]]), en [[Telemadrid]] co seu irmán [[José María Fraguas]]. Na radio participou en programas como ''[[Protagonistas]]'', ''[[La Ventana]]'' e actualmente en ''[[No es un día cualquiera]]'', de RNE, con [[Pepa Fernández]], e en ''La Ventana'', de [[Gemma Nierga]], na [[Cadena SER]].
 
Como humorista utiliza uns moi personais bocadillos de grosa liña negra e unha refinada linguaxe extraída directamente da rúa. "Inventor" de palabras e modismos léxicos, (''bocata, firulillo, esborcio, jobreído'' etc.), é un dos poucos humoristas cun oído sensible á linguaxe popular. Na súa obra ocupan un lugar fundamental o costumismo e a crítica social. O seu forte é a visión crítica das situacións da vida cotiá; creou toda unha extensa iconografía de personaxes e situacións cómicas que reflicten a idiosincrasia e a socioloxía da España contemporánea. Mariano, un burgués frustrado casado cunha gordísima muller chamada Concha, que representa á represiva conciencia; os náufragos nunha illa aburrida que teñen que combater a soidade cunha hipertrofia da fantasía; os Blasillos que representan a España rural e eterna; as vellas que conxugan informática e paletez; os oficinistas cabreados; o matrimonio sepultado nunha cama inmensa o yuppi americanizado e idiota; o niñato "pijo" e imbécil; o alienado polo fútbol, o oficinista cabreado e subversivo, o descolgado que pecha bares, o pretensor de ventanillaportela, o enclaustrado no búnker etc... Unha parte substancial da súa obra constitúena os álbums sobre Historia de España en cómic e sobre informática para torpes. Afirma que en España non é necesaria a inspiración para ser humorista.
 
== Obra ==