Transdución de sinais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
Nos organismos pluricelulares, requírense numerosos procesos para coordinar as células de modo que o organismo funcione como un conxunto; a complexidade destes procesos increméntase coa complexidade do organismo. A percepción do ambiente a nivel celular depende en gran medida da transdución de sinais; moitas doenzas, como a [[diabetes]] e a [[arterosclerose]] orixínanse por defectos nestas vías, o que resalta a importancia destes procesos en medicina e bioloxía.
 
Varios estímulos ambientais inician procesos de transmisións de sinais nos organismos pluricelulares; exemplos son as células captadoras de [[fotón]]s da [[retina]] do ollo,<ref name=burns>{{Cita publicación periódica|author =Burns ME and Arshavsky VY.|title=Beyond counting photons: trials and trends in vertebrate visual transduction|journal=Neuron|year=2005|volume=48|issue=3|pages=387–401|pmid=16269358|doi=10.1016/j.neuron.2005.10.014}}</ref> e a unión de moléculas olorosas nos receptores olfactorios do [[epitelio olfactorio]]. <ref name=ronnett>{{Cita publicación periódica|author =Ronnett GV and Moon C.|title=G proteins and olfactory signal transduction|journal=Annu Rev Physiol|year=2002|volume=64|issue =1|pages=189–222|pmid=11826268|doi=10.1146/annurev.physiol.64.082701.102219}}</ref> Certas moléculas microbianas, como os [[nucleótido]]s virais e [[antíxeno]]s proteicos, poden desencadear unha resposta inmune contra o [[patóxeno]] invasor mediada por procesos de transdución de sinais. Isto pode ocorrer independentemente da estimulación da transdución de sinais por outras moléculas, como no caso dos [[receptor de tipo Toll|receptores de tipo toll]]. Pode ter lugar coa axuda de moléculas estimulatorias situadas na superficie doutras céluas, como na [[sinalización celular|sinalización]] do [[receptor de células T]]. Os organismos unicelulares poden responder aos estímulos ambientais dor medio da activación de vías de transdución de sinais, como por exemplo no caso dos [[fungo mucoso|fungosmofos mucosos]], os cales segregan [[adenosina monofosfato cíclica]] cando lles faltan alimentos, estimulando a todas as células que se encontren nas inmediacións a agregarse, <ref name=hanna>{{Cita publicación periódica|author =Hanna MH, Nowicki JJ and Fatone MA|title=Extracellular cyclic AMP (cAMP) during development of the cellular slime mold Polysphondylium violaceum: comparison of accumulation in the wild type and an aggregation-defective mutant|journal=J Bacteriol|year=1984|volume=157|issue=2|pages=345–349|pmid=215252}}</ref> e os [[lévedo]]s, que utilizan un factor de apareamento para determinar os tipos de apareamento ao que pertencen outras células e participar na [[reprodución sexual]]. <ref name=sprague>{{Cita publicación periódica|author=Sprague GF Jr.|title=Signal transduction in yeast mating: receptors, transcription factors, and the kinase connection|journal=Trends Genet|year=1991|volume=7|issue=11–12|pages=393–398|pmid=1668192|doi=10.1016/0168-9525(91)90218-F}}</ref>
 
== Receptores ==