Pai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
texto traducido desde a wiki .es:Padre
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de abril de 2016 ás 06:01

Pai[1] é, nun contexto biolóxico, aquel ser vivo de sexo masculino que ten descendencia directa. O termo recíproco é «fillo».

Pai dando de beber ao seu fillo.

O termo hebreo ʼav e o grego pa‧tḗr úsanse con varios sentidos: como proxenitor, cabeza dunha casa ou familia ancestral, antepasado, orixinador dunha nación, fundador dunha clase ou profesión, protector, orixinador de algo e como expresión de respecto.'[2]

No caso dos mamíferos como o ser humano, o pai concibe ao seu fillo trala cópula coa futura nai. En organismos asexuados, pai tamén pode significar nai, no caso dos organismos unicelulares que se reproducen por división, o pai é unha célula que se divide para producir células «fillas».

Comúnmente o pai cumpre un rol moi importante dentro do desenvolvemento dos nenos, o título de pai tamén pode ser dado a aquel home que cumpra este papel sen estar emparentado biolóxicamente co neno ou nena. Maiormente isto ocorre con homes que adoptaron nenos ou con homes casados con mulleres que previamente procrearan descendencia. O termo tamén se pode referir a unha persoa á cal identifícaselle co estereotipo de pai.

A determinación dos lugares atribuídos á paternidade foron imposicións sociais e culturais que forón cambiando co tempo.

Anualmente celébrase o día do pai en moitas partes do mundo. Nos países católicos celébrase o 19 de marzo, festividade de San Xosé, pai putativo de Xesús de Nazaret.

«Papá», «papa», «papi», «papito», «pa»... son expresións típicamente familiares utilizadas para referirse a un pai. Coloquialmente tamén se usa en varios países a expresión «o meu vello» para referirse ao propio pai.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pai.
  2. nsight on the Scriptures, volumen II.