Vacaloura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 16:
}}
[[Ficheiro:Lucanus cervus ed.JPG|miniatura|dereita|Escornabois ou vacaloura macho (''Lucanus cervus'').]]
[[Ficheiro:Lucanus-cervus-femininum.jpg|miniatura|dereita|Vacaloura, carouca ou escornabois femia (''Lucanus cervus'').]]
A '''vacaloura''' (tamén existe a variante '''vacaloira'''), '''carouca''' ou '''escornabois''' (''Lucanus cervus'') é un [[escaravello]] da familia ''[[Lucanidae]]'' de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais.
 
A larva deste insecto pasa de un a cinco anos alimentándose de [[madeira]] en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes [[carballo (árbore)|carballos]], e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos. As [[larva]]s desta especie teñen un apetito moi voraz: de tan só un gramo de peso, poden comer nun só día 22,5 centímetros cúbicos de madeira. As larvas alcanzan un tamaño cosiderábel, chegando incluso a 10 centímetros de longo.