Diferenzas entre revisións de «Martin Heidegger»

m (Robot: Modificou-se Category:Category:Filósofos)
'''Etapa ontolóxica'''
 
Despois de 1930, en que pronuncia a conferencia ''Da esencia da verdade'' (publicado en 1943), o pensamento heideggeriano empeza a apuntar cara novos camiños. Desde entón Heidegger abandoa a analítica existencial. Parece como se advertise na súa filosofía restos de [[subxectivismo]]: o suxeito, aínda que agora é visto desde o plano existencial e non esencial, segue a xogar un papel decisivo no seu proxecto filosófico. O caso é que Heidegger comeza a pensar que non é posible construir unha nova ontoloxía a través da "[[Antropoloxía filosófica | antropoloxía]] existencial", máis ben ten que suceder que sexa o Ser mesmo, previo a todo ente e fundamento del, quen proporcione, por si só, o sentido de toda a realidade. Agora a Heidegger xa só lle interesa o Ser (ontoloxía). Pero este novo enfoque do ámbito transcendental presenta serios problemas ó pensamento filosófico tradicional. Este sempre expresouse por medio da linguaxe e é esta linguaxe a que interesa ó novo Heidegger, pero non no contido semántico do que ''di'', senón apuntando a un sentido non dito que está como fundamento do dito. Este "sentido oculto" ten que aparecer a un auténtico ''escoitar'' (xa en ''Ser e tempo'' aparecía esta idea), pois sempre que dicimos algo estamos xa ocultando esa outra dimensión da linguaxe máis orixinaria e na que habita o Ser. A linguaxe heideggeriana nesta etapa adopta, conforme á esixencia do propio proxecto filosófico, un caracter poético e [[mística | místico]] e, para algúns, simplemente teolóxico. Non se debe esquecer que é na [[teoloxía]], precisamente, onde hai que buscar os inicios do pensamento heideggeriano. Outro tema importante nesta segunta etapa, relacionado coa cuestión do Ser, son as meditacións de Heidegger sobre a esencia da [[técnica]], de enorme influencia no pensamento contemporáneo (por exemplo, a [[Escola de Francfort]], [[Hans Jonas]], etc.). A historia da [[metafísica]] occidental tería como destino, a dicir de Heidegger, a implantación dominante do modo de pensar técnico: ve o mundo unicamente como un inventario de mercadorías a disposición do ser humano e acaba por instaurar puras relacións técnicas en todo. Da técnica brota unha "imposición" ou "entramado" (''Gestell'') que dirixe e organiza toda a vida do ser humano. Aínda así, Heidegger tamén pensa que na técnica se oculta unha posibilidade de superación e transformación do propio mundo tecnolóxico.
 
== O ideario político de Heidegger==
Usuario anónimo