Diferenzas entre revisións de «Pedro de Monteagudo»

sen resumo de edición
m (recupero revisión como estaba 21:41, 26 abril 2007 por User:Lansbricae)
[[Image:120px-Mosteiro_de_San_Xo%C3%A1n_de_Poio.jpg|thumb|right|200px|Mosteiro de Poio]]
 
'''Pedro de Monteagudo e Piñeiro e Taboada''' ([[Castro, Cerdedo|Santa Baia de Castro]] c. [[1640]] - m. [[1700]]).
 
Arquitecto galego; figura do esplendor [[barroco]]. Era fillo do mestre canteiro Pedro de Monteagudo e de Dominga de Piñeiro.
 
Monteagudo contruiríaa algunhas das obras máis relevantes do [[Barroco]] galego como son as fachadas dos templos dos mosteiros de [[San Xoán de Poio]], [[provincia de Pontevedra]], e [[Sobrado dos Monxes]], [[provincia da Coruña]]. Da súa valía é mostra que fose nomeado "Maestro Mayor de todas las Obras, Castillos y Fortalezas de puertos marítimos" do [[Reino de Galiza]].
Iniciado no oficio seguramente polo seu propio pai, comezou traballando no [[mosteiro de Oseira]], nos que xa será citado como mestre arquitecto, lugar no que mesmo se avecindou con a súa esposa, dada a duración das obras, como parece demostrar o o feito de que entrase na confraría de Nosa Señora da Ventela, radicada alí. Aínda que se lle chegou a adxudicar a autoría da fachada occidental da igrexa monacal, actualmente sábese que foi trazada por Francisco de [[Castro Canseco]].
 
Arredor de [[1665]], Monteagudo debeu ser contratado para as obras que se viñan realizando no mosteiro de Santa María de Sobrado, a súa obra cimera. En [[1676]] rematou a portada occidental do seu templo, e en [[1679]] as torres que a flanquean. Entre [[1689]] e [[1692]] constrúe a capela da Virxe do Rosario, na ala septentrional do cruceiro, que está considerada a súa obra mestra. Cara [[1695]] parece que debeu de deixar Sobrado.
 
Na fachada da igrexa o autor asina a súa obra (sitúase no frontón por enriba da imaxe da Virxe). Este dato é de gran importancia xa que por primeira vez na idade moderna en Galicia un arquitecto asina a súa obra. Ninguén desde que ofixera o [[Mestre Mateo]] na [[Catedral de Santiago]] reivindicara de tal xeito a súa obra.
Usuario anónimo