Diferenzas entre revisións de «Eutiquio, Exarca»

sen resumo de edición
(Caixa de governantes)
'''Eutiquio''' (morreu en [[752]]) foi o derradeiro [[Exarcado de Ravenna|exarca de Ravenna]] (c.[[727]]-[[752]]).
 
Todo o exarcado levantárase nunha revolta en resposta á imposición da [[iconoclasia]] en 727; os [[longobardos]], o [[papado]] e as cidades italianas uníronse para eliminar a autoridade [[Imperio Bizantino|bizantina]]. O emperador [[León III, Emperador|León III o Isáurico]] mandou a Eutiquio para controlar a situación. Eutiquio chegou a [[Nápoles]], onde ordenou un intento de asasinato contra a vida do [[Gregorio II, Papa|Papa Gregorio II]]. Como o intento fracasou, Eutiquio volveu a súa atención aos longobardos. Os seus intentos de suborno deron resultados ao final; prometeu axuda ao rei longobardo [[Liutprando]] para someter os ducados de [[Ducado de Benevento|Benevento]] e [[Ducado de Spoleto|Spoleto]] á súa autoridade, a cambio da axuda do rei para cambiar o Papa. Gregorio, con todo, reuniuse con LiutprandLiutprando, e convenceuno para abandonar o plan; aínda lle deron tropas a Eutiquio para axudar a dominar as rebelións no exarcado.
 
O conflito cos longobardos rematou en desastre en [[737]], cando a cidade de [[Ravenna]] foi cercada por Liutprando. Novas guerras xurdiron en [[739]]. O [[Gregorio III, Papa|Papa Gregorio III]] apoiara aos duques de Benevento e Spoleto contra Liutprando, facendo que invadise a [[Italia]] central. O exarcado, así como o [[Ducado de Roma]], foi saqueado. En [[740]] Eutiquio e Gregorio apelaron a [[Venecia]] para liberar Ravenna, cousa na que tiveron éxito. Sen embargo, era evidente que a autoridade bizantina en Italia estaba desfacéndose de xeito tan inevitábel que fixo que o Papa chamase ao [[francos|franco]] [[Carlos Martel]] ese mesmo ano.
Usuario anónimo