Diferenzas entre revisións de «Balder»

m
clean up, removed: {{Mitoloxía en progreso}} using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (clean up, removed: {{Mitoloxía en progreso}} using AWB)
{{Mitoloxía en progreso}}
{{sen referencias|data=xuño de 2014}}
[[Ficheiro:SÁM 66, 75v, death of Baldr.jpg|miniatura|dereita|Morte de Balder, ilustración dun códice de 1790]]
Na [[mitoloxía nórdica]], '''Balder''' (tamén '''Baldr''' ou '''Baldur''') era o deus da inocencia, da xuventude, da beleza, da pureza e da paz. Era o segundo fillo de [[Odín]] e [[Frigg]], casou con [[Nanna]] e con ela tivo a [[Norseti]]. Balder coñécese sobre todo polo mito que arrodea á súa morte.
 
Cando naceu Balder, a súa mai Frigg, temerosa pola seguridade do seu fillo, fixo xurar a todos os animais e plantas, ao lume, á auga e a todos os metais que non danarían o seu fillo. Aínda así, a Balder advertíuselle da súa propia morte por medio de soños, pero non foi quen de descifralos. Por este motivo, o seu pai Odín, montado no seu cabalo [[Sleipnir]], baixou a [[Hel]], e [[Garm]] interpúxose. Porén, Odín conseguiu evitalo e chegou onda á porta do poente, dixo unhas palabras máxicas para espertar a [[Hela]], e pese ás súas queixas, Odín obrigouna a descifrar o soño de seu fillo. Malia iso, Hela empregou palabras escuras.
 
Balder, créndose invulnerable a todo, ideou un xogo no que os deuses debían guindar, sobre el, cantos obxectos daniños quixeran, sabendo que nada lle podían facer. [[Loki]], coa forma dunha velliña, conseguiu saber que Frigg, considerando ao [[visgo]] demasiado novo, eximiuno do xuramento. Loki deulle unha ponla de visgo ao irmán cego de Balder, [[Hodur]], para que participara no xogo e lla guidara. Cando lla botou, Balder caeu morto, o resto dos deuses quedaron mudos, sen poder vingarse por ser o lugar sagrado. Os deuses colleron o cadáver e levárono ao mar, e na súa nave fixeron a pira.
 
[[Categoría:Mitoloxía nórdica]]
 
{{Mitoloxía en progreso}}
393.002

edicións