Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m clean up, removed: {{Historia en progreso}} using AWB
Liña 1:
{{1000}}
 
{{Historia en progreso}}
[[Ficheiro:Maquina vapor Watt ETSIIM.jpg|dereita|300px|miniatura|Un motor a vapor de Watt, a [[máquina de vapor]], alimentada principalmente con [[carbón]], impulsionou a Revoción Industrial no [[Reino Unido]] e no [[Terra|mundo]].]]
'''Revolución Industrial''' é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.
Liña 10:
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola [[máquina de vapor]], movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
 
A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova [[división internacional do traballo]] (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre [[1830]] e [[1880]], as principais guerras foron de tipo colonialista, na [[India]], [[China]], [[Turquía]], [[Sudán]], [[Irán|Persia]], [[Afganistán]], [[Rusia]] Oriental e [[México]].
 
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
Liña 18:
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na [[Idade Moderna]]. Dende o [[século XVI]] enxergouse un avance no comercio, métodos financieiros, banca e un certo progreso técnico na [[Navegación marítima|navegación]], [[impresión]] ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, [[Europa Occidental]] experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A [[Renacenza]] marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e o norte de Italia. É a partir de mediados do [[século XVIII]] cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da [[industria pesada]] e a [[minaría]].<ref>Max Pietsch, ''La Révolution industrielle'', 1961. Consultado o 20 de marzo de 2012</ref><ref>David S. Landes, ''L'Europe technicienne ou le Prométhée libéré'' (''Europa e o progreso técnico''), 1980.</ref> A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a [[produtividade]], o que á súa vez provocou unha [[Transición demográfica|explosión demográfica]], acentuada a partir do XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial<ref>Fernand Braudel, ''La Dynamique du capitalisme'' (''A dinámica do capitalismo''), 1985.</ref> cuxa ideoloxía baseábase no [[racionalismo]], a razón e a [[Cientifismo|innovación científica]].<ref>Christoph Buchheim, ''Industrielle Revolutionen''. ''Langfristige Wirtschaftsentwicklung in Großbritannien, Europa und Übersee'' (Traducido: ''Revolucións Industriais, o desenvolvemento a longo prazo do Reino Unido, Europa e o extranxeiro'').</ref>
 
Outro dos principais causantes da Revolución nace da necesidade.<ref>Bernard Rosier & Pierre Dockès, ''L'Histoire ambiguë. Croissance et développement en question'' (traducido: ''Historia ambigua, crecemento e desenvolvemento''), 1988.</ref> Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as [[Guerras Napoleónicas|Guerras Napoleónicas]] consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se extendía pola maior parte de Europa, as importacións de moitos produtos e materias primas suspendéronse. Isto obrigou aos gobernos a presionar as súas industrias e á nación en xeral para producir máis e mellor que antes, desenvolvéndose industrias denantes inexistentes. A industrialización tivo lugar en diferentes fases nos distintos países. As primeiras áreas industriais xurdiron en Gran Bretaña a fins do século XVIII, espallándose cara a [[Bélxica]] e [[Francia]] a principios do século XIX e a [[Alemaña]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] a mediados de século, a [[Xapón]] a partir de 1868 e a [[Rusia]], [[Italia]] e [[España]] a finais de século. Entre as razóns atopáronse algunhas tan desiguais coma a notábel falla de grandes guerras entre 1815 e 1914, a aceptación da [[economía de mercado]] e o consecuente nacemento do capitalismo, a ruptura co paso, un certo equilibrio monetario e a falla de [[inflación]].
 
== O proceso de industralización británica ==
Liña 39:
Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución:
* Privatización dos terreros comunais. Dende [[1760]], promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: ''enclosures''), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á [[cidade]], e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización.
* Introdución de novos cultivos. Especies coma o [[millo]] e maila [[pataca]] facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas [[colleita|colleitas]]s sobre a poboación.
* Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de [[fertilizante|fertilizantes]]s e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal.
Estas medidas provocaron un aumento de produción que permitiu o crecemento sostido da poboación e a obtención de importantes beneficios, utilizados despois para financiar a mecanización da produción.
 
Liña 56:
A [[industria siderúrxica]] experimentou un gran crecemento polas necesidades de fabricar ferro para a industria téxtil e par os útiles agrícolas.
 
Os avances técnicos no sector siderúrxico contribuíron á expansión dos altos [[forno|fornos]]s. O descubrimento da pudelación coma método para eliminar as impurezas do ferro e facilitar a súa manipulación converteu este mineral dos piares da expansión industrial.
 
Máis tarde, o invento do [[convertedor Bessemer]] ([[1856]]) achegou un paso decisivo no sector ao permitir obter un aceiro máis flexíbel e de maior calidade.
Liña 97:
[[Categoría:Revolución Industrial]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
 
{{Historia en progreso}}