Caio Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
repartición
m clean up, removed: {{historia en progreso}} using AWB
Liña 44:
A pesar de fachendearse dicindo que podía rematar coa guerra axiña, esta aínda había durar tres anos mais, o cal pode indicar que Metelo tiña actuado de xeito honesto coa única táctica posible, fronte a un inimigo astuto e ben coñecedor das [[guerrilla]]s, nun territorio que favorecía ós númidas. A estratexia de Mario non era diferente da que levara a cabo Metelo, deténdose en asedios ás prazas fortes, coas que Iugurta xa contaba para frear o avance romano. Sometendo á pillaxe e á destrución o territorio inimigo, Mario avanzou, nunca lenta marcha cara o oeste, até os confíns do reino númida coa Mauritania, onde Iugurta ía sendo acurralado. Pero malia os repetidos éxitos militares de Mario, Iugurta conseguía sempre fuxir dos romanos e continuar coa loita.
 
Ao final Mario recorreu á traizón para lle poder poñer fin á guerra. O seu cuestor nesas datas era [[Lucio Cornelio Sila]], fillo dunha familia patricia vida a menos. Malia que Mario non estaba contento tendo que aceptar ó inexperto Sila ocupando un cargo desa responsabilidade, pois non tiña experiencia militar previa, este demostrou a súa competencia como líder militar. Posto que os combates desta guerra estaban cada vez máis preto dos territorios do reino de Mauritania, o seu rei, [[Bocco]], que era sogro de Iugurta, rachou coa súa neutralidade, que tanto Metelo coma Mario acadaran con penosas negociacións. Dese xeito, o rei Bocco de Mauritania pasaba a ser un aliado militar do seu xenro Iugurta. Así, a finais do ano [[-106|106 a.C.]], tralo seu segundo ano de campaña en África, Mario retirouse ós seus cuarteis de inverno no leste, e alí foi atacado polas forzas conxuntas dos dous monarcas africanos. No ano [[-105|105 a.C.]] volvendo a establecer os contactos con Bocco, que tiña preocupacións por mor dos avances romanos, e Sila acadou a rachadura da coalición entre el e Iugurta, solicitando Bocco a paz entre Mauritania e Roma. Así foi como Sila convenceu a Bocco para lle tender unha trampa a Iugurta, confiado aínda na amizade co seu sogro.
 
Non se coñecen con precisión os termos da negociación entre Roma e Mauritania. O certo foi que finalmente Iugurta caeu nas mans de Mario, se cadra non polos méritos militares do cónsul romano, senón pola astucia e xenio diplomático de Sila, pero tampouco é lóxico pensar que Sila actuase pola súa conta, senón que aquel foi un plan tecido entre os dous. Malia todo, Mario era o comandante de Sila, de xeito que a honra da derrota final de Iugurta foi para o cónsul. Certamente ámbolos dous personaxes saían gañando desta fazaña.
 
Debido a esta vitoria bélica, Mario acadou o alcume de ''Raposo de Arpino''. No ano [[-104|104 a.C.]] Caio Mario celebrou un [[triunfo romano|triunfo]] en [[Roma]] pola súa vitoria sobre Iugurta, quen foi executado na cerimonia. Ese mesmo día comezou un novo consulado para o cal fora elixido mesmo estando ausente, feito totalmente irregular.
 
{{historia en progreso}}
== Notas ==
{{Listaref}}
Liña 55:
 
[[Categoría:Cónsules romanos]]
 
{{historiaHistoria en progreso}}