Fusión nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m clean up, removed: {{Física en progreso}} using AWB
Liña 1:
A '''fusión nuclear''' é un [[proceso físico]] durante o que se xuntan dous ou máis [[átomo]]s e forman outro átomo de maior número atómico. A fusión nuclear só acontece a temperaturas de varios millóns de [[grao (temperatura)|graos]] e vai seguida dunha enorme liberación de enerxía.
 
O principal tipo de fusión que ocorre no interior das ''estrela''s é o de [[hidróxeno]] en [[helio]], onde catro [[átomo]]s de hidróxeno se xuntan para formar un átomo de helio. Mais como a [[masa atómica|masa]] dun átomo de '''He''' é lixeiramente menor que a dos catro átomos de '''H''', esa diferenza é compensada liberándose [[enerxía]], de acordo coa famosa ecuación [[E=mc²]] de [[Einstein]].
 
A reacción de fusión nas [[Estrela (astronomía)|estrela]]s iníciase coa combinación de catro [[núcleo atómico|núcleos]] de hidróxeno-1 ([[protón]]s) para crear dous de hidróxeno-2. Como resultado, son liberados dous [[positrón]]s ([[electrón]]s positivos) e dous [[neutrino]]s. Estes dous núcleos xúntanse con outros dous núcleos de hidróxeno-1, creando así dous núcleos de helio-3 liberando, simultaneamente, [[radiación gama|radiación gamma]]. Os dous núcleos de helio así formados son inestábeis neste estado e, subsecuentemente, sofren outra reacción nuclear de fusión que resulta nun núcleo de helio-4 e dous de hidróxeno-1.
Liña 13:
* [[Fisión nuclear]]
* [[Confinamento magnético]]
 
{{Física en progreso}}
 
[[Categoría:Física nuclear e de partículas]]
 
{{Física en progreso}}