Lingua taxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 164:
 
== Gramática ==
O taxico contemporáneo, coma o persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. O taxico moderno conserva tódalas características esenciais da estrutura gramatical e o sistema fonético da lingua clásica, de maneira que a persoa que coñece o taxico ou o persa está capacitado para captar sen grandes dificultades as obras de Rudaki (século X), de Ferdovsi (X-XI) ou de Saadi (XIII). Sen embargoPorén, non debemos chegar á conclusión de que durante os mil años que separan ao taxico ou ao persa contemporáneo da lingua daquela época, ningún cambio se produciu. Unha comparativa entre as linguas contemporánea e clásica amósanos os cambios importantes sobrevidos durante tal período: redución, como en persa, do sistema vocálico de 9 a 6 fonemas (pero sen coincidir nesta redución), cambios de función da posposición '''-ra''', dos pronomes enclíticos, dalgunhas preposicións etc.
 
Pero ademais de tales fenómenos, propios do persa e do taxico, o taxico contemporáneo ten algunhas características gramaticais específicas que os distinguen do persa e que afectan ao sistema verbal e o léxico; el taxico ten moitos empréstimos do ruso, especialmente no que se refire ás relacións sociais, a técnica, a ciencia, a cultura etc. Outra grande influencia no léxico taxico procede da forte influencia das linguas túrquicas centro-asiáticas e dos antigos dialectos iranios orientais (sogdiano, bactriano, saka-tocario etc.).