Diferenzas entre revisións de «Aparato reprodutor masculino»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Gray1144.png|miniatura|dereita|300px|Aparato xenital masculino no que se retirou a parede anterior do escroto e o pene foi colocado para arriba.]]
[[Ficheiro:Gray1152.png|miniatura|dereita|300px| Imaxe na que se ven as vesículas seminais, próstata, vexiga urinaria e o conduto deferente coa ampola.]]
[[Ficheiro:Male genitals.jpg|miniatura|dereita|200px|Aparato reprodutor masculino]]
 
O '''aparato reprodutor masculino''' está formado polos órganos xenitais situados na [[pelve]] masculina. No aparato reprodutor fórmanse os [[gameto]]s masculinos e outras [[secreción]]s que forman parte do [[seme]], que o aparato reprodutor masculino depositará no feminino para que se produza a fecundación, e produce algunhas [[hormona]]s (principalmente [[testosterona]]). Está constituído polos [[testículo]]s coas súas cubertas, o epidídimo e os condutos que conectan coa uretra, diversas glándulas ([[próstata]], [[vesícula seminal|vesículas seminais]], [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]]), e os órganos xenitais externos, que son o [[pene]] e o [[escroto]]. <ref>E. P. Salomon, C. A. Villee, P. W. Davis. Biología. 1987. Interamericana. Páxinas 1040-1042. ISBN 968-25-1225-5</ref> <ref name=A> Gerard J. Tortora, Bryan Derrickson: Principios de anatomía y fisiología, 11ª edición, Editorial médica panamericana, 2006, ISBN 968-7988-77-0. </ref>
 
Usuario anónimo