Era cenozoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo mentras por mentres ou namentres
m arranxos, removed: {{ciencias en progreso}} using AWB
Liña 1:
{{ciencias en progreso}}
 
{| class="wikitable" border="1" align="right" cellspacing="0" cellpadding="2"
|-----
Liña 23 ⟶ 21:
[[Ficheiro:Alpiner Gebirgsgürtel.png|miniatura|245px|[[Oroxenia alpina]].]]
 
A '''Era Cenozoica''' (tamén escrito '''era cenozoica'''), '''cenozoico''' ou '''era terciaria''' é, na [[escala de tempo xeolóxico]], a [[era xeolóxica]] que se iniciou hai uns 65,5 ± 0,3 millóns de anos e que se estende até a actualidade.<ref name="ics2009">[http://stratigraphy.science.purdue.edu/gssp/ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy], Status on 2009.</ref> <ref name="char2008">[http://www.stratigraphy.org/upload/ISChart2008.pdf International Stratigraphic Chart, 2008]</ref>
 
É a terceira e última era do [[Eón Fanerozoico]] e segue á [[Era Mesozoica]]. O seu nome procede do [[lingua grega]] e significa "animais novos" (de καινός ''kainós'', "novo" e ζωή ''zoé'', "animal" ou "vida"). O '''período terciario''', actualmente non recoñecido pola [[Comisión Internacional sobre Estratigrafía]], comprendía a Era Cenozoica excepto os últimos 2,5 millóns de anos, cando se inicia o [[Período Cuaternario]].<ref>[http://www.stratigraphy.org/geowhen/stages/Tertiary.html Tertiary Informal Sub-era]. Based On: Gradstein, Ogg, Smith, _A Geologic Time Scale 2004_</ref>
Liña 29 ⟶ 27:
Durante a era cenozoica, a [[India]] colisionou con [[Asia]] hai 55-45 millóns de anos, e [[Arabia]] colisionou despois con [[Eurasia]], pechando o [[mar de Tetis]], hai uns 35 millóns de anos. Como consecuencia diso, produciuse a gran [[Oroxenia Alpina|pregamento alpino]] que formou as principais [[cordilleira]]s do sur de Europa e Asia, como os [[Pireneos]], [[Alpes]] e [[Himalaia]]s.
 
Ao cenozoico tamén se lle chama a era dos [[mamíferos]], animais que, ao extinguírense os [[dinosaurios]] a finais do [[cretácico]], experimentaron unha extraordinaria [[radiación adaptativa]] e pasaron a ser a fauna característica.
 
Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros [[primates|primates superiores]] (os máis primitivos estaban xa presentes hai máis 65 millóns de anos), aínda que ''[[Homo sapiens]]'' non apareceu até hai uns 200.000 anos.
 
== Subdivisións ==
O cenozoico divídese en tres [[período xeolóxico|períodos]], [[paleóxeno]], [[neóxeno]] e [[Período Cuaternario|cuaternario]], que á súa vez se dividen en [[época xeolóxica|épocas]]. O paleóxeno comprende as épocas [[paleoceno]], [[eoceno]] e [[oligoceno]]; o neóxeno comprende [[mioceno]] e [[plioceno]], mentres que o cuaternario comprende as épocas [[plistoceno]] e [[holoceno]], a última das cales está actualmente en curso.<ref name="ics2009" /> <ref name="char2008" /> O antigo período terciario comprendía paleóxeno e neóxeno.
 
== Notas ==
Liña 46 ⟶ 44:
[[Categoría:Xeoloxía]]
[[Categoría:Escala de tempo xeolóxico]]
{{cienciasCiencias en progreso}}