Excreción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q185557
m arranxos, removed: {{Bioloxía en progreso}} using AWB
Liña 1:
{{Bioloxía en progreso}}
 
A '''excreción''' é o proceso biolóxico polo que un [[animal]] elimina do seu [[Órgano|organismo]] as substancias tóxicas, adquiridas pola alimentación ou o metabolismo. En organismos unicelulares e animais moi pequenos a excreción é un proceso celular que non require estruturas especializadas. En organismos con células dotadas de [[parede celular|parede]], como [[Plantae|plantas]] e [[Fungi|fungos]], os refugallos acostuman incorporarse á composición da parede, quedando así fora do medio fisioloxicamente activo onde importa a súa toxicidade.
 
Liña 9 ⟶ 7:
- A '''[[urea]]''': prodúcese no fígado por transformación rápida do amoníaco, resultando ser moito menos tóxico e máis soluble, aínda que se difunde con máis lentitude. Por esas razóns, pode acumularse nos tecidos sen causar danos e excretarse máis concentrada. É o principal refugallo nitroxenado dos peixes cartilaxinosos, anfibios e mamíferos.
 
- O '''[[ácido úrico]]''': é característico de animais que ingresan a auga en pouca cantidade. Fórmase a partir do amoníaco e outros derivados nitroxenados. Excrétase en forma de pasta branca ou como sólido, dado a súa mínima toxicidade e baixa solubilidade. É característico de animais adaptados a vivir nun ambiente seco e pór ovos con casca e membrana impermeables á auga, como por exemplo insectos, moluscos pulmonados, réptiles e aves.
 
Nos mamíferos, por exemplo, os dous procesos excretores esenciais son a formación de ouriños nos [[ril]]es e a eliminación de [[dióxido de carbono]] nos [[pulmón]]s. Estes refugallos elimínanse por [[micción]] e [[respiración]] respectivamente. Tamén a pel e o fígado interveñen na elaboración ou excreción de substancias tóxicas. A pel intervén a través da [[transpiración]], expulsando [[Cloruro de sodio|sal]] e [[auga]].
 
Nos artrópodos terrestres os órganos excretores acostuman desembocar ao principio do intestino, co que os produtos de excreción incorpóranse ás feces. Porén, nos mamíferos, como o ser humano, só o fígado verte substancias de excreción ao intestino. Destas, só os derivados do grupo [[hemo]] sanguíneo, como a [[bilirrubina]], incorpóranse de maneira significativa ás feces, sendo a maioría reabsorbidas ao torrente sanguíneo e eliminadas finalmente polos riles.
Liña 24 ⟶ 22:
 
[[Categoría:Fisioloxía]]
{{Bioloxía en progreso}}