Web 2.0: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 130:
 
==Escola 2.0==
[[Escola 2.0]]. ten un significado moito máis aló que dixitalizar libros e poñer máis e mellores medios tecnolóxicos, substituír [[software]] libre por privado e formar ao profesorado en como se conecta un a [[internet]].
 
Aspectos básicos que a Escola 2.0 debe cumplir:
*Que o profesorado comparta os contidos que crearon, ou a información útil que dispoñen para facer máis eficaz o proceso de aprendizaxe; isto non quere dicir que non se utilicen os libros (en texto ou en CD), senón que ademais débese clasificar, organizar, divulgar e utilizar os contidos que crearon o propio profesorado e alumnado.
 
*Que se busquen métodos máis participativos por parte do alumnado; principalmente para tres cousas: para que se motiven, para que vexan a aplicación do que estudan e para que aprendan a aprender. Para iso non basta con facer unha experiencia illada, hai que cambiar as metodoloxías. Estas non cambian porque se dote de máis ou menos ordenadores, nin substituíndo contidos dixitais no lugar de libros.
 
*Que o profesorado e alumnado teña unha serie de capacidades e habilidades. Estas habilidades non se refiren a manexar a tecnoloxía, senón habilidades cooperativas, participativas, de posta en común de contidos, de traballo en equipo.
 
*Ter materiais e metodoloxías para atender á diversidade de todo tipo. A través de técnicas 2.0 (concretamente avaliación diagnóstica e formativa) pódese ter de forma virtual un asistente persoal para cada caso. Os sistemas on-line transmiten información ao profesor para que poida comparar facilmente e rapidamente o progreso.
 
==Notas==