Web 2.0: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 113:
 
==Web 2.0 en educación==
A [[educación]] atópase ligada a este termo case dende os seus inicios. As oportunidades educativas que se derivan da Web 2.0 son innumerables xa que grazas as súas aplicacións e servizos os docentes e os estudantes poden crear, distribuír e compartir os contidos cunha gran versatilidade e unha ampla difusión.<ref name=":0">{{Cita web|url=http://propuestastic.elarequi.com/propuestas-didacticas/la-web-2-0/la-web-2-0-en-el-ambito-educativo/|páxina-web=propuestastic.elarequi.com|título=La Web 2.0 en el ámbito educativo » Propuestas TIC para el área de Lengua|data-acceso=2016-04-13}}</ref>
 
O seu impacto é tan extraordinario que xa se fala de Docencia 2.0 ou Educación 2.0 para facer referencia ás [[metodoloxías]] educativas que empregan esta ferramenta. Concretamente, é a partir do 2006 cando " o apelido" 2.0 se comeza a utilizar en artigos educativos e xa no 2007 cando o termo "2.0" e "docencia" figura nos artigos de profesores de Universidades Españolas.<ref>{{Cita web|url=http://platea.pntic.mec.es/vgonzale/web20_0809exe/tema_14_web_20_y_educacin_educacin_20.html|páxina-web=platea.pntic.mec.es|título=Tema 1.4. Web 2.0 y Educación: ¿Educación 2.0?|data-acceso=2016-04-13}}</ref>
 
A bidireccionalidade de esta [[Web]] e por conseguinte o seu carácter interactivo propicia un avance da [[educación]]. Unha educación que asenta os seus piares no aprendizaxe en colaboración na que os estudantes e docentes toman esta ferramenta como unha [[plataforma virtual]] para compartir actividades, informacións e produtos acordes coa docencia que se está impartindo. Algunhas das plataformas - Blackboard o [[Moodle]]- favorecen á interacción entre estudantes : debates de foros, compartir ideas a través do chat, baixadas de recursos, envío de tarefas, creación de Wikis...<ref>{{Cita web|url=http://www.cibersociedad.net/congres2009/es/coms/la-web-20-en-la-educacion/390/|páxina-web=www.cibersociedad.net|título=La web 2.0 en la educación|data-acceso=2016-04-13}}</ref>
[[Ficheiro:Herramientas web 2.0.jpg|miniatura|Ferramentas da Web 2.0]]
A [[educación]], polo tanto, crece e cambia. Este concepto do que vimos falando - Educación 2.0- desenvolve actitudes capacidades e [[competencias]] a través de medios e ferramentas como as aplicacións 2.0. No caso das actitudes, obsérvase un paso de xigante deixando atrás ao individualismo, fomentando actitudes de colaboración, respecto e altruísmo. As capacidades que se potencian céntranse en favorecer o pensamento creativo, xestión propia do coñecemento ou un pensamento crítico e, por outro lado, destacando algunhas competencias como comunicarse, colaborar, producir ou investigar. <ref>{{Cita web|url=http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1176054309390_1443925095_4415/Calidad%2520educativa%2520y%2520educaci%25C3%25B3n%25202.0.cmap|páxina-web=cmapspublic2.ihmc.us|título=Calidad educativa y educación 2.0 - Qué es la calidad educativa en secundaria|data-acceso=2016-04-13}}</ref>
 
Pere Marquès establece algúns dos valores educativos e pedagóxicos máis importantes desta ferramenta<ref name=":0" />:
* Constitúe un espazo socia horizontal e rico en [[fontes de información]] que supón unha alternativa á xerarquización e unidirecionalidade tradicional dos entornos formativos. Implica novos roles para profesores e alumnos orientados ao traballo autónomo e colaborativo, crítico e creativo...
* As [[fontes de información]] e canais de [[comunicación]] facilitan o [[aprendizaxe]] autónomo e permiten unha maior participación nas actividades en grupo.
* Coas aplicacións de edición profesores e estudantes poden elaborar facilmente materiais de maneira individual ou en grupo, compartilos e sometelos aos comentarios lectores.
* Proporciona espazos en liña para á clasificación e publicación de contidos textuais e audiovisuais.
* Desenvólvense [[competencias dixitais]], dende a busca e selección de información e o seu proceso de convertela en coñecemento ata a súa publicación.
 
==Escola 2.0==