Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 38:
 
==Heráldica==
Segundo a [[s:Lei 5/1984 de símbolos de Galicia|Lei 5/1984 de símbolos de Galicia]], o escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe.
 
O timbre, coroa real, forrada de [[goles]] ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumadas de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.