Diferenzas entre revisións de «Guerra hispano-estadounidense»

O día [[24 de xaneiro]], co suposto fin de celebrar as boas relacións existentes con España, McKinley decidiu o envío dun buque de guerra á Habana como un xesto de amizade. Ao dar a noticia ao Goberno español, o presidente norteamericano explicou que tan só pretendía iniciar un costume que desgraciadamente se interrompeu facía tres anos: por iso, non debería de pensarse de ningún xeito que tal acción pretendese defender as vidas e as facendas dos norteamericanos, posto que a paz xa reinaba na Habana.
[[Ficheiro:USS Maine entering Havana harbor HD-SN-99-01929.JPEG|miniatura|300px|A chegada do ''USS Maine'' pola baía da Habana, xaneiro 1898]]
O [[25 de xaneiro]] o acoirazado [[USS Maine]],chegou ao amarrádello do porto da Habana ás 11 da mañá. Entrou na baiabaía coa axuda dun piloto práctico do porto e por orde do Capitán de Portos ancorou na boia n° 4, a tan só 200 metros do cruceiro español [[Cruceiro Alfonso XII|Afonso XII]] e, na outra dirección, a 400 metros do acoirazado alemán ''Gneisenau''.<ref>Ver, artigo de Guillermo G. Calleja Leal da revista HISTORIA16, N° 176, p. 14</ref>.
 
== ''Casus belli'', a explosión do ''USS Maine'' ==