Diferenzas entre revisións de «Fidalguía»

m
correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
m (correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB)
 
O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos<ref>[[Filipe II]] recoñeceu en 1562 a fidalguía de todos os guipuscoanos. ''Etnogénesis y etnicidad en España''
Christiane Stallaert páx 72 [http://books.google.es/books?id=VL3t5uEW6nsC&pg=PA72&lpg=PA72&dq=%22hidalgu%C3%ADa+universal&source=web&ots=ot_V0TRCQz&sig=UgWgLtui457x6KgEVH3p-JKuT9k&hl=es&sa=X&oi=book_result&resnum=9&ct=result#PPA72,M1]</ref>, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no [[Catastro de Ensenada]] só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.
 
==A fidalguía en Galicia==
A formación da fidalguía característica de Galiza tivo lugar no [[século XVI]] ligada ao fenómeno dos [[Foro (privilexio)|foro]]s: [[escudeiro]]s, cregos e funcionarios investían os seus capitais para convertérense en arrendatarios dos dereitos dos mosteiros, que posuían a maioría da terra na Galiza. Desta maneira, os fidalgos exerceron durante catro séculos como intermediarios, cobrándolles aos labregos e dándolle parte ao clero. O fenómeno de acumulación foi relativamente rápido e non exento de coaccións.<ref>[[Enciclopedia Galega]]: Vol. XVII, páx 106. Hidalguía</ref>
 
Esta transferencia de capitais vese no feito de que, segundo salienta Juan E. Gelabert, en Santiago en [[1588]] o 13% da riqueza pertencía aos fidalgos e o 39% aos mercaderesmercadores, mentres que en [[1635]] o repartimento era 43%-10%. Estes primeiros foreiros engrandeceron os seus patrimonios , estabeleceron [[morgado]]s e procuráronse por todos os medios posíbeis a obtención dunha carta de fidalguía que confirmaba o seu ascenso social e os eximía de pagaren [[tributo]]s directos.
 
Esta clase fidalga comezou a desaparecer coa [[desamortización]] e desapareceu definitivamente coa [[redención dos foros]].
38.539

edicións