Fabio Casartelli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m correccións con AWB, replaced: amateur → afeccionado using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Fabio Casartelli.jpg|miniatura|Estela en memoria de Fabio Casartelli erixida no lugar do accidente.]]
 
 
'''Fabio Casartelli''', nado en [[Como]] o [[16 de agosto]] de [[1970]] e finado o [[18 de xullo]] de [[1995]], foi un ciclista [[italia]]no, profesional desde [[1993]].
 
== Traxectoria ==
Animado polo seu pai, Casartelli involucrouse no mundo do ciclismo aos 9 anos. Tras acadar unhas cantas vitorias como amateurafeccionado, Casartelli conseguiu o seu maior logro nos [[Xogos Olímpicos de 1992]], gañando a [[medalla de ouro]] na proba de [[ciclismo en ruta]]. Pasou a ser profesional en [[1993]], pero só conseguiu vitorias e posicións de honra en carreiras menores.
 
O [[18 de xullo]] de [[1995]], durante a 15ª etapa do [[Tour de Francia 1995|Tour de Francia]], Fabio Casartelli sufriu un accidente durante o descenso do [[Col de Portet d'Aspet]], nos [[Pireneos]]. Casartelli sufriu graves lesións de [[cranio]] e cara e perdeu a consciencia. Durante o seu traslado en helicóptero ao hospital, Casartelli perdeu a respiración e faleceu tras varios intentos de [[reanimación]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/deportes/FRANCIA/TOUR_DE_FRANCIA_1995/TOUR_DE_FRANCIA/muerte/coge/Casartelli/kilometro/34/elpepidep/19950719elpepidep_22/Tes "La muerte coge a Casartelli en el kilómetro 34"], artigo de Carlos Arribas en ''[[El País]]'', 19 de xullo de 1995 <small>(consultado o 18 de xullo de 2010)</small> {{es}}.</ref>.
 
No momento da caída Casartelli non levaba ningún tipo de casco protector. A súa morte causou unha conmoción no ciclismo profesional e xurdiron diversos debates acerca da obrigatoriedade do uso do casco polos ciclistas.
 
A 16ª etapa do Tour fo neutralizada, aínda que non suspendida, pola organización. Os ciclistas rodaron en grupo durante toda a proba e, na chegada, o equipo [[Motorola (equipo ciclista)|Motorola]] ao que pertencía Casartelli cruzou a liña de meta en conxunto. Todos os premios da etapa foron doados á familia que deixaba o ciclista italiano, unha muller e un fillo de dous meses<ref>[http://www.elmundo.es/papel/hemeroteca/1995/07/20/deportes/53970.html "La última victoria de Fabio Casartelli"], artigo de Javier Olave en ''[[El Mundo]]'', 20 de xullo de 1995 <small>(consultado o 9 de agosto de 2009)</small> {{es}}.</ref>.
 
En [[1997]] erixiuse unha estela no lugar da traxedia, fronte á que os corredores do [[Tour de Francia]] se deteñen e gardan un minuto de silencio na súa memoria cada vez que o percorrido da ronda gala pasa polo Col de Portet d'Aspet.