Spała: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: un pouco de historia
Liña 6:
As orixes de Spała remóntanse a finais do [[século XVI]]. A poboación da aldea adicouse principalmente á explotación dos recursos forestais, empregando a madeira obtida da tala das árbores para producir [[carbón]] e [[alcatrán]] que se empregaba para a fundición de [[ferro]] na achegada fábrica de [[Tomaszów Maz]].<ref name=Historia>{{cita web|título=Spala Historia|url=http://www.spala.pl/historia/|dataacceso=13 de abril de 2016|lingua=polaco}}</ref>
=== Residencia dos tsares ===
[[Ficheiro:Palace below.jpg|miniatura|dereita|O desaparecido Palacio de madeira que mandou edificar [[Alexandre III de Rusia]].]]
A importancia do asentamento aumentou no [[século XIX]] cando os [[tsar|tsar de Rusia]] [[Alexandre III de Rusia|Alexandre III]] mandou construír unha residencia de caza na aldea.<ref name=Historia/> En 1885 edificouse un palacio de madeira que serviría de aloxamento aos tsares nas súas visitas a Spala ata a [[1912]].<ref name=Historia/> En [[1912]] a familia de [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] estaba pasando uns días no palacio de madeira, cando o tsarévich [[Alexei Nikolaevich Romanov|Alexei]] sufriu un ataque de [[hemofilia]] que case lle custa a vida.<ref>{{cita web|url=http://www.alexanderpalace.org/palace/alexis-tsarevich-spala.html|título=Alexis Almost Dies at Spala - 1912 |lingua=inglés|dataacceso=13 de abril de 2016}}</ref> Este suceso provocou que a tsarina [[Alexandra Feodorovna Romanova|Alexandra Feodorovna]] se negase a volver ao palacio de Spała.<ref name=Historia/>