Salmos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Uso católico: arranxiño
Liña 146:
O traballo do Bispo Challoner en intentar proporcionar material de devoción en inglés significaba que moitos dos Salmos eran familiares para os católicos angloparlantes dende o século XVIII en adiante. Challoner traducíu todo o Oficio da Nosa Señora ao inglés, así como as Vésperas do domingo e as Completas diarias. Tamén proporcionou outros Salmos individuais como os 129 e 130 para o rezo dos seus libros devocionais. Challoner tamén é famoso pola revisión da Biblia de Rheims de Douai, e as traducións que el usou nos seus libros devocionais saíron dese traballo.
 
Ata o [[Concilio Vaticano Segundo]] os Salmos eran ou recitados en ciclos dunha ou, menos frecuentemente, de dúas semanas (coma no caso do rito Ambrosiano). Usábanse diferentes esquemas semanais: todo o clero secular seguía a distribución romana mentres que os mosteiros case sempre seguían a regra de San Benito, había poucas congregacións (como os benedictinosbeneditinos de San Maur) que seguían regras individuais. O breviario introducido en 1974 distribuía os Salmos nun ciclo de catro semanas. O uso monástico varía amplamente. Algúns usan o ciclo de catro semanas do clero secular, moitos seguen co semanal, xa sexan do esquema beneditino ou outro do seu propio deseño, mentres que outros optan por outras adaptacións.
 
Dábase aprobación oficial para outras adaptacións (véxase [http://kellerbook.com Breviarios "curtos" na América contemporánea]para un estudio en desenvolvemento) polos cales o Salterio se recitaba en ciclos dunha ou dúas semanas. Estas adaptacións se usan principalmente por ordes relixiosas católicas contemplativas, como a dos [[Orde da Trapa|trapenses]] (véxase [http://newmelleray.org?menu=psalms a axenda do Divino Oficio na abadía de Nova Mellerai]).