Gorxias de Leontini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
[[Platón]], de quen os seus escritos forman o nó arredor do cal cristalizou a filosofía e a súa historia, botou o descrédito sobre o pensamento de Gorxias de maneira tal que aínda hoxe en día o cualificativo «[[sofista]]» é un insulto. «Seique Gorxias, tendo lido o [[Gorxias (Platón)|diálogo que leva o seu nome]], dixo: «Platón sabe ben como burlarse!» ([[Atenea]], ''Les Deipnosophistes'', XI,505, D). Porén sería máis xusto volver ás fontes a fin de descubrir a importancia dese pensamento, non só na historia da filosofía, senón tamén no pensamento contemporáneo.
 
== Gorxias pensador do Ser e da verdade ==
<blockquote>
«Gorxias de Leontium pertence a esa categoría de filósofos que suprimiran o criterio da verdade (...). No seu libro titulado'' ''Do non-ser, ou da natureza'', ''expón, en orde, tres proposicións fundamentais: primeiramente, e para comezar, que non existe nada; segundo que, aínda se existe algo, o home non pode aprehendelo; terceiro, que mesmo se o pode aprehender, non pode nin formulalo nin explicalo aos demais.»<br />
Liña 13:
<blockquote>
«Se o non-ser existe, será e á vez non será (...). Ou é totalmente absurdo que algo sexa e non sexa a un tempo. Entón o non-ser non é.<br />
Se o non-ser existe como o ser, o non-ser será idéntico ao ser desde o punto de vista da existencia: de xeito que algún de ambos os dous non será. Que o non-ser non existe, está admitido; mais sendo dada a demostración de que o ser estaría constituído como el, así pois, o ser mesmo non existirá.»
</blockquote>
 
== Gorxias retórico ==
Ao lado da debilidade da verdade, Gorxias pon a forza da linguaxe, o seu poder sobre dos espíritos, pola argumentación, e sobre das emocións, polo ritmo e os efectos sonoros. Este poder pode ser ben ou mal utilizado, a ''[[retórica]]'' (en grego, τέχνη ῥητορική ''téchne rhêtoriké'') nin garante nin educa a moralidade de quen a emprega, pois trátase dun instrumento neutro. Gorxias é o fundador do pragmatismo retórico, oposto ao idealismo filosófico ao xeito de Platón (as leccións de [[Sócrates]] conducen aos que as escoitan a ser mellores).
 
Liña 25:
Ademais do seu tratado metafísico, do que [[Sexto Empírico]] nos conservou un fragmento (ver arriba), posuímos de Gorxias dúas curtas alegacións: ''Para Helena'' e ''Para Palamedes''. Neles poden observarse exemplos dos procedementos estilísticos e sonoros das súas teorías.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Gorxias (Platón)]].
* [[Platón]].
* [[Sócrates]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.classicpersuasion.org/pw/gorgias/helenuni.htm ''Para Helena'' (texto en grego)]
 
{{Presocráticos}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos da Grecia antiga]]
[[Categoría:escritoresEscritores en lingua grega]]
[[Categoría:Nados en Sicilia]]