Gundeperga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Gundeperga''', finada despois de 652, foi raíña dos [[longobardos]] e raíña de Italia do 625 ao 652.
== Traxectoria ==
Filla de [[Axilulfo]] e de [[Teodelinda de Baviera|Teodolinda]], naceu cara ao ano 600 e creceu na corte longobarda de [[Monza]]. Foi educada na fe católica e foi a esposa de [[Arioaldo]], o [[duque de Turín]] que conduciu a oposición ariana á política filocatólica e filorromana do rei [[Adaloaldo]], irmán de Gundeperga.
 
Arioaldo botou do trono ao seu cuñado entre o 625 e o 626, elevando a Gundeperga ao rango de raíña; pronto, en cambio, sospeitou que apoiaba a rebelión de [[Tasón, duque de Friúl|Tasón]], [[duque de Friúl]], e recluíuna no castelo de [[Lomello]]. En seguida, con todo, liberouna e iniciou unha política de equilibrio entre [[arianismo|arianos]] e católicos, na que Gundeperga colaborou. Á morte de Arioaldo (636), segundo unha tradición ben radicada na monarquía longobarda, transmitiu o poder ao segundo marido, elixido certamente de acordo coa aristocracia. A elección caeu sobre o [[duque de Brescia]], [[Rotario]], que proseguiu a política de Arioaldo. Gundeperga protexeu o [[mosteiro de Bobbio]] e fundou, en Pavia, a basílica de San Xoán. Morto tamén Rotario (652), foi rexente do xove sucesor [[Rodoaldo]], ao que, con todo, mataron poucos meses despois. O trono pasou entón a [[Ariperto]] I, curmán de Gundeperga. A raíña continuou vivindo na corte ou ben retirouse nun mosteiro. Descoñécese a data da súa morte. Foi sepultada na basílica que fundara.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografia ===
* [[Paulo Diácono]], [[Historia Langobardorum]] (Storia dei Longobardi, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992).
* [[Jörg Jarnut]], Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002).
* [[Alberto Magnani]], "Gundeperga, una regina longobarda a Pavia", "Bollettino della Società Pavese di Storia Patria", CIV/2004.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Longobardos]]