Fabre d'Églantine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Biografía: derramamento especificamente "de sangue" aparece así no DRAG
Liña 10:
E ao mesmo tempo continuaba a súa actividade como dramaturgo. O 20 de agosto de 1790 representouse ''Isabelle de Salisbury'', comedia eroica e lírica en tres actos con música de [[Bernardo Mengozzi]]; o 28 de xaneiro de 1791 a súa primeira comedia en dous actos, ''Le Convalescent de qualité, ou l'Aristocrate'', seguida en xuño por ''L'Intrigue épistolaire'', e en xullo por ''L'Apothicaire''. ''L'Héritière, ou les Champs et la Ville'', comedia en cinco actos, foi reresentada o 5 de novembro de [[1791]], e ''Le Sot orgueilleux ou L'école des élections'', púxose en escena o 7 de marzo de [[1792]].
No verán de [[1792]], pouco antes da caída da monarquía, Fabre d'Églantine ofrecería a súa colaboración á Corte, aínda que só como engano e para obter cartos, como xa fixeran Danton e outros dantonistas.<ref>L. A. Saint-Just, ''Rapport au nom du Comité de salut public et du Comité de sûreté général'', 31 de marzo de 1794, en ''Oeuvres complètes'', 2004, pp. 715-720.</ref><ref>A. F. B. Molleville, ''Histoire de la Révolution de France pendant les dernières années du règne de Louis XVI'', vol. 9, 1802, pp. 181-182.</ref> Despois do 10 de agosto 1792, Danton, novo ministro de Xustiza, nomeouno secretario. <span class="cx-segment" data-segmentid="119"></span>
Desde finais de agosto publicou o xornal ''Compte Rendu au Peuple Souverain''. No cuarto numero apareceu un chamamento ao derramoderramamento de sangue e no sétimo numero xustificou os masacres de setembro. Porén, logo de elixido o 16 de setembro dese mesmo 1792 pola [[Convención Nacional|Convención]], chamou á concordia nacional. Votou a favor da morte de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] e rompeu cos [[Xirondinos]] logo da traizón de [[Dumouriez]], lanzando contra el unha campaña xornalística desde a ''Gazette Nationale de France''.
O 3 de xaneiro de [[1793]] formou parte do ''Comité de Guerra'' e foi enviado en misión a [[Seine-et-Oise]] e a [[Eure e Loir|Eure-et-Loir]] para o recrutamento de 300.000 homes. Substituído neste posto por Armand-Joseph Guffroy, o 26 de marzo entrou na ''Commisión de Saúde Pública''. Foi tamén membro da comisión encargada de proxectar o novo calendario republicano francés e, en concreto, Fabre d'Églantine foi o creador da denominación dos días e dos meses. <span class="cx-segment" data-segmentid="141"></span>
<span class="cx-segment" data-segmentid="152"></span>Diversos episodios de denuncias, conspiracións, traizóns e corrupción levárono posteriormente á ruína económica e ao descrédito social e político. <span class="cx-segment" data-segmentid="164"></span>