Diferenzas entre revisións de «Indalecio Prieto»

sen resumo de edición
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
=== O golpe revolucionario de [[1934]] ===
A crise de setembro de [[1933]] provocou a saída dos socialistas do Goberno e que concorreran en solitario ás eleccións de novembro. A vitoria electoral do centro-dereita e a posibilidade de que a [[CEDA]] accedese ó poder orientaron ó socialismo español a preparar a [[Revolución de 1934|insurrección de outubro de 1934]], movemento no que Prieto tivo unha participación moi activa.<br />A súa propia opinión sobre o golpe revolucionario e a súa participación nel foi exposta publicamente con toda sinceridade anos despois nunha conferencia pronunciada en México e editada máis tarde nun libro da súa autoría:
{{Cita|Declárome culpable perante a miña consciencia, perante o Partido Socialista e perante España enteira, da miña participación naquel movemento revolucionario de outubreoutubro de [[1934]]. Declároo, coma culpa, coma pecado, non coma gloria. Estou exento de responsabilidade na xénese daquel movemento, mais téñoa plena na súa preparación e desenvolvemento. Por mandato da minoría socialista, houben eu de o anunciar francamente dende o meu escano do Parlamento. Por indicacións, houben de trazar no Teatro Pardiñas, o [[3 de febreiro]] de [[1934]], nunha conferencia que organizou a Xuventude Socialista, o que crin que debía ser o programa do movemento. E eu – algúns que me están a escoitar dende moi preto, saben a quéque me refiro– aceptei misións que evitaron outros, porque tras elas asomaba, non só o risco de perder a liberdade, senón o máis doloroso de perder a honra. Porén, asuminas.
<ref>Indalecio Prieto, ''Discursos en América. Confesiones y rectificaciones''. [[Editorial Planeta]], Barcelona 1991, páxinas. 112 e 113. </ref>}}
 
O fracaso do movemento revolucionario conduciuno novamente ó exilio, e abriu a brecha entre caballeristas e prietistas polo control do PSOE e a estratexia a seguir: Prieto representaba un punto de vista moderado dentro do partido e apoiaba a colaboración cos republicanos de esquerda para volver ó poder e como garantía de estabilidade das institucións republicanas. Por isto opúxose ás veleidades revolucionarias da esquerda do partido -reflectidas polo diario ''Claridad''- á radicalización das mocidades é á colaboración co [[PCE]] e a [[CNT]].
197.720

edicións