Diferenzas entre revisións de «Fabre d'Églantine»

Reparacións en ligazóns externas
(Correccións lingüísticas. Ligazóns internas.)
(Reparacións en ligazóns externas)
'''Philippe François Nazaire Fabre''', nome verdadeiro de '''Fabre d'Églantine''', nado o 28 de xullo de 1750 en [[Carcasona]] ([[Francia]]) e finado o 5 de abril de 1795 en [[París]], foi un [[actor]] [[Teatro|teatral]], [[dramaturgo]] e [[Revolución Francesa|revolucionario francés]].[[File:Eglantine.png|miniatura|259x259px|Fabre d'Eglantine]]
{{DEFAULTSORT:Fabre d'Eglantine}}

== Biografía ==
Nado en Carcasona en xullo<ref>A data precisa non se coñece.</ref> de [[1750]], fillo de François Fabre, comerciante de tecidos, e de Anne-Catherine Fons, fixo os seus primeiros estudos en [[Limoux]], a onde se trasladou a súa familia en [[1757]], e alí aprendeu grego, latín, música e debuxo. En [[1771]] entrou na congregación dos doutrinarios en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] como ensinante. Nese ano participou nos [[Xogos Florais|xogos florais]] co ''Soneto á virxe'', que foi premiado co "lirio de prata".

Deixou case de súpeto a congregación para se unir a unha compañía de teatro ambulante. En [[1772]] actuouu en [[Grenoble]], en [[1775]] en [[Chalon-sur-Saône]], en [[1775]] en [[Beauvais]] e en [[1776]] en [[Namur]]. En [[1777]] estivo en [[París]], onde lle dedicou ao [[Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon|Conde de Buffon]] a ''Histoire naturelle et son étude dans le cours des Saisons'', e logo en Sedan, onde intentou sen éxito pasar á dirección teatral, e en [[1778]] en [[Troyes]] e en [[Estrasburgo]].

O 9 de novembro de [[1778]] casou coa actriz [[Marie-Nicole Godin]] e o ano seguinte naceu o seu fillo Jules-Louis-Théodore-Vincent. A parella actuou entre [[1779]] e [[1780]] en [[Maastricht]], onde o 12 de abril de [[1779]] Fabre d'Églantine debutou como protagonista con ''Le Misanthrope'' de [[Molière]]. O 7 de febreiro de [[1780]] púxose en escena a obra propia ''Laure et Pétrarque'', opéra cómica nun acto con música de [[Frans Rouwijzer]] ([[1737]]-[[1827]]).

De [[1780]] a [[1786]] constinuou a actividade da súa compañía. O 23 de setembro de 1780, en [[Liège]], representou ''Le Triomphe de Grétri''; en 1783, en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]], compuxo o poema ''La Treille de Genève'' e en [[Lión|Lióo]] representou a súa traxedia ''Augusta''. En [[1785]] dirixiu o teatro de [[Nîmes]] e o 30 de xuño de 1786 actuou no teatro de [[Aviñón]]. En 1787 estableceuse en [[París]], decidido a obter a consagración como autor dramático, pero ao principio as súas obras gozaron de escaso éxito: ''Les Gens de lettres ou le Poète provincial à Paris'', comedia en cinco actos, cunha soa representación; ''Augusta'', e ''Le Présomptueux, ou l'Heureux imaginaire'', pola que mesmo se lle chegou a acusar de plaxio.

=== A Revolución ===
En [[1789]] rompeuse a súa parella e foi convivir coa actriz [[Caroline Remy]], quen, entusiasta dela [[Revolución Francesa|Revolución]], propagaba os seus principios gañando o favor do público. ''
Le Philinte de Molière ou la Suite du Misanthrope, ''comedia en cinco actos representada o 22 de febreiro de 1790, obtivo un éxito importante. Fabre d'Églantine participou activamente na vida política parisina, iniciou unha colaboración co xornal ''Révolutions'' ''de Paris,'' de Camille Desmoulins, e intentou sen éxito ser elixido xuíz de paz en [[Chevreuse]]: un panfleto anónimo definiuno como "ávido de cartos, gastador e avaro, mal pai e mal marido".<ref>C. Wolikow, ''Fabre d'Egantine'', 2006, p. 429.</ref>

E ao mesmo tempo continuaba a súa actividade como dramaturgo. O 20 de agosto de 1790 representouse ''Isabelle de Salisbury'', comedia eroica e lírica en tres actos con música de [[Bernardo Mengozzi]]; o 28 de xaneiro de 1791 a súa primeira comedia en dous actos, ''Le Convalescent de qualité, ou l'Aristocrate'', seguida en xuño por ''L'Intrigue épistolaire'', e en xullo por ''L'Apothicaire''. ''L'Héritière, ou les Champs et la Ville'', comedia en cinco actos, foi reresentada o 5 de novembro de [[1791]], e ''Le Sot orgueilleux ou L'école des élections'', púxose en escena o 7 de marzo de [[1792]].

No verán de [[1792]], pouco antes da caída da monarquía, Fabre d'Églantine ofrecería a súa colaboración á Corte, aínda que só como engano e para obter cartos, como xa fixeran Danton e outros dantonistas.<ref>L. A. Saint-Just, ''Rapport au nom du Comité de salut public et du Comité de sûreté général'', 31 de marzo de 1794, en ''Oeuvres complètes'', 2004, pp. 715-720.</ref><ref>A. F. B. Molleville, ''Histoire de la Révolution de France pendant les dernières années du règne de Louis XVI'', vol. 9, 1802, pp. 181-182.</ref> Despois do 10 de agosto 1792, Danton, novo ministro de Xustiza, nomeouno secretario.

Desde finais de agosto publicou o xornal ''Compte Rendu au Peuple Souverain''. No cuarto numero apareceu un chamamento ao derramo de sangue e no sétimo numero xustificou os masacres de setembro. Porén, logo de elixido o 16 de setembro dese mesmo 1792 pola [[Convención Nacional|Convención]], chamou á concordia nacional. Votou a favor da morte de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] e rompeu cos [[Xirondinos]] logo da traizón de [[Dumouriez]], lanzando contra el unha campaña xornalística desde a ''Gazette Nationale de France''.

O 3 de xaneiro de [[1793]] formou parte do ''Comité de Guerra'' e foi enviado en misión a [[Seine-et-Oise]] e a [[Eure e Loir|Eure-et-Loir]] para o recrutamento de 300.000 homes. Substituído neste posto por Armand-Joseph Guffroy, o 26 de marzo entrou na ''Commisión de Saúde Pública''. Foi tamén membro da comisión encargada de proxectar o novo calendario republicano francés e, en concreto, Fabre d'Églantine foi o creador da denominación dos días e dos meses.

Diversos episodios de denuncias, conspiracións, traizóns e corrupción levárono posteriormente á ruína económica e ao descrédito social e político.

Espulsado do club dos [[Xacobinismo|Xacobinos]], Fabre d'Églantine foi arrestado o 12 de xaneiro de [[1794]] con cargos de extorsión e falsidade ideolóxica, e recluído na cadea en [[Luxemburgo]]. No seu procesamento defendeuse presentando un ''Compendio apoloxético'' no que negaba calquera responsabilidade. Fabre d'Églantine e outros acusados na mesma causa foron condenados a morte e posteriormente [[Guillotina|guillotinados]], o día 5 de abril de 1794. O seu corpo foi enterrado no cemiterio de [[Errancis]].

=== Ligazons externas ===
* {{Modelo:Cita web|url=http://www.assemblee-nationale.fr/sycomore/fiche.asp?num_dept=12234|ligazónautortítulo=Fabre d'Eglantine no sito da Asemblea Nacional Francesa}}
* {{Modelo:Cita web|url=http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k116309d/f392.image.r=la%20r%C3%A9volution%20fran%C3%A7aise.langFR|lingua=fr|titolotítulo=J. Claretie, ''Fabre d'Églantine à la Comédie Française'', 1897}}
* {{Modelo:Cita web|linguaurl=fr|http://archive.org/stream/unprocesdecorrup00math#page/n7/mode/2up|título=A. Mathiez, ''L'Affaire de la Compagnie des Indes'', 1920}}
[[Categoría:Actores de Francia]]
[[Categoría:Finados en 1794]]
20.443

edicións