Francisco Comesaña Rendo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
Fillo de emigrantes [[Tui|tudenses]], regresou a Galicia con seis anos. Estudou en Tui e despois Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. En [[1931]] coñeceu á que sería a súa muller Ascensión Concheiro García, estudante de Maxisterio. Afiliouse ás Juventudes Socialistas, das que foi secretario xeneral, e trala fusión coas Juventudes Comunistas, foi presidente das Juventudes Socialistas Unificadas. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] participou na defensa de [[Ordes]] e foi detido en Compostela. Foi encarcerado na Falcona, nos baixos do Pazo de Raxoi. En decembro iniciouse o Consello de guerra no que foi condenado a morte por rebelión militar xunto a outros quince compañeiros o [[22 de decembro]]. Foi tamén sancionado en concepto de responsabilidade civil con 500.000 pesetas. Ao ter nacionalidade cubana, a súa familia comezou as xestións para lograr o indulto. O mesmo día [[11 de febreiro]] de [[1937]], cando foron fusilados os seus compañeiros, concédenlle o indulto. Foi trasladado á cadea da Coruña, onde permanece ata [[1939]], e despois foi enviado ao sanatorio penal Porta Coeli da serra de Valencia. En [[1941]] casou por poderes con Ascensión Concheiro García. Foi trasladado á prisión de [[Vigo]], onde foron agrupados todos os presos de orixe cubana. Revisado o seu proceso, foille rebaixada a condena de trinta anos a seis anos e un día, e saíu en liberdade condicional en agosto de [[1943]]. Retomou o seu traballo como médico e prestou apoio sanitario a escapados e á guerrilla. En [[1944]] exiliouse coa familia en [[Cuba]].
 
Na illa comezou unha campaña antifranquista, e na Habana naceu o seu primeiro fillo, que foi apadriñado polo seu camarada comunista e amigo [[Julian Grimau]]. Recibiu unha oferta de traballo en [[México]], onde os exiliados tamén reclamaban a súa presenza e decide instalarse en [[Cidade de México]] ocupándose da dirección médica dun laboratorio farmacéutico e participando con outros médicos nun hospital. En México participou en actividades do exilio, foi fundador do [[Padroado da cultura galega México|Padroado da Cultura Galega]], e publicou en ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' un artigo titulado "Cavilando..." sobre a celebración do Día da Patria Galega. Aínda que a súa muller viaxou periodicamente a Galicia para visitar a súa familia, Francisco non retornou definitivamente ata [[1976]] instalándose en [[Tui]], na casa familiar de San Bartolomeu. Regresou cunha saúde delicada, logo de varios infartos, agravada cunha doenza respiratoria, a pesar do cal mantivo unha intensa actividade. Morreu en Tui en 1997.
 
Francisco Comesaña inspirou ao novelista [[Manuel Rivas]] para o personaxe do doutor Da