Diferenzas entre revisións de «Pac-Man»

m
Arranxos using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos using AWB)
 
== Descrición ==
O protagonista do videoxogo Pac-Man é un círculo amarelo ó que lle falta un sector polo que parece ter boca. Aparece en [[labirinto]]s onde pode comer puntos pequenos, puntos maiores e outros premios con forma de froitas e outros obxectos. O obxectivo do personaxe é comer tódolos puntos da pantalla, momento no que se pasa ó seguinte [[nivel]] ou pantalla. Non obstante, catro fantasmas ou monstros, Shadow ([[Blinky (monstro)|Blinky]]), Speedy ([[Pinky (monstro)|Pinky]]), Bashful ([[Inky (monstuo)|Inky]]) e Pokey ([[Clyde (monstro)|Clyde]]), recorren o labirinto para intentar comerse a Pac-Man. Estas pantasmas son, respectivamente, vermella, rosa, azul clara e laranxa. No xogo orixinal (Puck-Man), as pantasmas chamábanse Akabei, Pinky, Aosuke e Guzut. As pantasmas non son iguais, así mentres Blinky é moi rápido, e ten a habilidade de encontrarte no escenario, Inky é moi lento e moitas veces evitará o encontro con Pac-Man.
 
Hai catro puntos máis grandes do normal situados preto das esquinas do labirinto, e que proporcionan a Pac-Man a habilidade temporal de comerse aos monstros (todos eles vólvense azuis mentres Pac-Man ten esta habilidade). Despois de ser tragados, as pantasmas rexenéranse en "casa" (unha caixa situada no centro do labirinto). O tempo que os monstros permanecen vulnerables varía segundo a pantalla, pero tende a decrecer a medida que progresa o xogo, e ó cabo de moitas pantallas os puntos especiais non teñen ningún efecto sobre as pantasmas, coa excepción do nivel 6 no que o efecto dura uns segundos máis ca no nivel 5.
 
Hai uns descansos entre algunhas pantallas (entre a 2 e a 3, 5 e 6, 9 e 10 e posteriormente cada catro pantallas) nas que se ven escenas humorísticas sobre Pac-Man e as pantasmas.
As diferentes pantasmas son:
* '''Blinky''', a pantasma vermella, é a máis agresiva, sempre perseguirá a Pac-Man polo labirinto. Ademais, cando Pac-Man recolle un certo número de puntos en cada nivel, a velocidade de Blinky aumenta substancialmente.
 
* '''Pinky''', a pantasma rosa, normalmente seguirá a Blinky, aínda que ocasionalmente se perda. É o primeiro en cambiar de dirección cando se acerca o final do nivel, polo que é mellor manterse lonxe del cando queden pouco puntos na pantalla.
 
* '''Inky''', a pantasma azul, sempre trata de corta-lo paso a Pac-Man. Non é perigoso por si mesmo, pero en combinación con Blinky e Pinky resulta letal, xa que entre os tres terminan por cercar ao xogador despistado.
 
* '''Clyde''', a pantasma laranxa, é a máis inofensiva das catro. Normalmente o seu comportamento é errático e case nunca vai detrás de Pac-Man, senón que sinxelamente dá voltas polo labirinto. Pode resultar inofensiva, aínda que ás veces é perigosa, precisamente pola dificultade de prever os seus movementos.
 
393.002

edicións