Diferenzas entre revisións de «Mega Drive»

m
Arranxos using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos using AWB)
Inicialmente Genesis competiu contra a consola de 8 bits [[Nintendo Entertainment System|NES]], á que avantaxaba en gráficos e son. Porén, era unha loita ardua contra a omnipresenza de Nintendo nas casas dos consumidores e o amplo catálogo de xogos xa dispoñíbeis. Nun esforzo por facerse cunha base de consumidores importante, Sega decidiu centrarse nos consumidores un pouco máis vellos, en concreto mozos de tardía adolescencia e pouco máis de vinte anos, que disporían de maiores ingresos, e que estarían ansiosos por títulos con maior contido adulto e/ou profundidade no xogo. Así pois, Sega publicou títulos tales como ''[[Altered Beast]]'' e a serie ''[[Phantasy Star]]''. Malia que a NES e [[Nintendo]] seguían a ser unha ameaza importante para a cota de mercado de Sega, esta relegou o teoricamente competitivo sistema TurboGrafx 16 a un relativo segundo plano, grazas en parte á pobre campaña de mercadotecnia da [[NEC]] en Norteamérica.
 
A principal competencia da Genesis rematou por ser a consola de 16 bits de Nintendo, a [[Super Nintendo|SNES]], á que avantaxaba ao comezo en termos de número de usuarios e de xogos, invertendo o problema que Sega experimentara fronte á NES. Genesis seguiu mantendo unha boa base de afeccionados grazas principalmente a títulos multixogador e de deportes. A posta á venda de ''[[Sonic the Hedgehog]]'' en 1991 ameazou con esgolar dende aquela a posición número un de Nintendo nos Estados Unidos. ''Sonic'' foi publicado para substituír a mascota orixinal, [[Alex Kidd]], e fornecer o ''compoñente asasino'' que Sega precisaba. Isto fixo estourar a que podería chamarse a maior guerra de consolas na historia dos videoxogos.
 
En [[1992]], Sega gozaba dunha posición forte no mercado, copando un 55% da cota de mercado en Norteamérica. Enfrontada a unha lixeira recesión nas vendas e a unha pequena perda de cota de mercado fronte á SNES, Sega volveu mirar para Sonic para renovar as vendas. A publicación do enormemente agardado ''[[Sonic the Hedgehog 2 (16-bit)|Sonic the Hedgehog 2]]'', xunto cunha agresiva campaña de publicidade que atacaba a Nintendo, propulsou as vendas de Genesis durante un certo período, e deu un pulo á cota de mercado de Sega, que chegou a acadar un sorprendente 65%.
 
=== Sega Mega Drive (Europa, Australia, e Nova Zelandia) ===
* Convertida para reproducir un sinal de 50  Hz [[PAL]].
* Axustes en inglés.
* Incapaz de reproducir xogos da Mega Drive xaponesa por mor da forma dos cartuchos e da consola. Porén, vendéronse adaptadores para xogar cos xogos xaponeses no modelo europeo.
 
=== O Teradrive ===
O '''Teradrive''' era un [[PC IBM|PC]] [[80286]] fabricado por [[IBM]] cunha Mega Drive integrada. Só foi posto á venda no Xapón. Había tres modelos dispoñíbeis desde os 148.000 iens até os 248.000. Só o modelo máis alto da gama levaba un [[disco duro]] incorporado. Había tamén un monitor especial vendido por separado, que podía reproducir sinais de video [[RGB]] de 15kHz15 kHz desde o hardware da Mega Drive e desde a saída de [[VGA]] 31kHz31 kHz do hardware do PC, ambos a través do conectador VGA. O sistema contiña tamén tomas de video composto [[NTSC]] e tomas de audio estéreo RCA para a conexión á televisión. Amais, podíase xogar coa Mega Drive ao mesmo tempo que se usaba o PC, e a Mega Drive e o PC podían interactuar entre si, como ficou patente co programa ''Puzzle Construction''. Tamén se podían reproducir os xogos de Mega Drive desde a RAM do PC.
 
=== O Mega PC de Amstrad ===
O '''Mega PC''' foi un sistema producido por [[Amstrad]] con licenza de Sega, con funcionamento de PC [[compatíbel con IBM PC|compatíbel con IBM]] e Mega Drive en un. Era semellante en concepto ao Teradrive, pero foi un proxecto sen parentesco algún con el.
 
* A sección do PC empregraba un Intel i386SX cunha velocidade de 25  MHz. Tiña 1 MB de RAM e un disco duro de 40 MB.
* Posto á venda en Europa e Australia nos anos 1992-1993.
* Cor crema, cunha tapa corredeira na fronte para trocar entre os modos de Mega Drive e PC.
* A saída da sección da Mega Drive estaba só dispoñíbel acoplando o conectador VGA ao monitor de sincronización dual (15kHz15 kHz/31kHz31 kHz)fornecido.
* Aínda que a sección do PC estaba sempre en marcha cando o sistema estaba aceso, o software de Mega Drive non podía ser empregado ao mesmo tempo có PC debido a que o sistema tiña só unha saída de vídeo.
* Podía ser empregado co Mega CD cun conector especial que só se podía adquirir a través de Amstrad.
* A maior parte do hardware da Mega Drive estaba contido nunha tarxeta de 8 bits ISA, con son compatíbel con AdLib na mesma placa.
* O Mega Plus era unha versión actualizada do Mega PC. Empregaba un [[Intel]] i486 a 33  MHz e 4 MB de RAM.
 
=== Miscelánea ===
=== Miscelánea ===
 
'''Proporción Sinal/Ruído''': 14  dB
 
O porto EXT da consola Genesis/Mega Drive orixinal úsase co módem periférico que só se comercializou no mercado xaponés. O porto funciona do mesmo xeito que os portos dos mandos, mais ten un conector DB9 femia no canto do DB9 macho.
O porto de expansión, usado case sempre co [[Sega CD]], tamén era usado para a Sega Genesis 7 Cart Demo Unit (unidade de demostración da consola) nas tendas.
 
Algúns programas de emulación poden gardar música nun formato coñecido como [[GYM]]. Funciona gravando dende o sistema de son a un arquivo de destino (o arquivo .gym). O estado interno do código de chip de son do emulador é sampleado 60 veces por segundo e envorcado no arquivo. Aínda que nun principio gozou de popularidade por mor da falla de competencia seria, o formato non ofrece una reprodución de alta fidelidade da saída de son orixinal, tende a producir arquivos moi grandes e resultaba difícil de producir para os títulos PAL, dadas as simplificacións necesarias para os emuladores da época. O formato [[VGM]], máis completo e que veu a reemprazalo, pode rexistrar cambios a até 44100Hz44100 Hz, co cal a maioría do son pode reproducirse con precisión.
 
== Curiosidades ==
393.002

edicións