Diferenzas entre revisións de «Wii»

m
Arranxos using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos using AWB)
A [[Nintendo DS]] serviu de guía para o deseño da ''Wii''. O deseñador Kenichiro Ashida sinalou que "tivemos a DS nas nosas mentes mentres traballábamos en Wii. Pensamos en copiar a pantalla táctil da DS e mesmo chegamos a deseñar un prototipo". A idea foi finalmente rexeitada, coa idea de que os dous sistemas de xogo serían idénticos".
 
Nintendo atribuíu o éxito da Wii a ideas presentadas no libro de estratexia de negocios ''Blue Ocean Strategy''. Dentro do contexto de análise de Blue Ocean Strategy, os factores clave da Wii reflíctense en seis puntos que están descritos no libro. Aínda que Nintendo non revelou publicamente os factores utilizados, crese que incluíron "prezo", "xogar na película", "gráficos", "físico", "divertido", "librería de xogos" e "variña máxica".
 
=== Nome ===
== Hardware ==
 
A Wii é a consola de sobremesa máis pequena ata a data de hoxe. Ten unhas medidas de 44-157-215,4  mm (ancho-alto-profundidade) na súa orientación vertical, o equivalente a 3 caixas de [[DVD]] apiadas xuntas. O stand inclusive ten unhas medidas de 55,4-44-225,6  mm.
 
A consola pesa 1,2  kg, o que fai dela a máis lixeira das 3 principais consolas da sétima xeración. A consola pode ser colocada ou en posición vertical ou en horizontal. O prefixo para o esquema de numeración do sistema e as súas partes e accesorios é "RVL-", xa que o nome en clave do proxecto era "Revolution". Wii ten un detalle que se repite no deseño da consola, nas tarxetas SD, na fonte de alimentación e todos os enchufes teñen unha das súas esquinas recortada.
 
A parte frontal da consola conta cunha fenda de iluminación incorporada que acepta discos tanto Wii Optical de 12  cm como G.O.D. A luz azul na fenda do disco ilumínase brevemente cando a consola está acendida e escintila cando recibe datos a través de [[WiiConnect24]]. Despois da actualización do [[firmware]] 3.0, a fenda de luz do disco actívase cada vez cun disco insírese o expúlsase. Cando non hai información de WiiConnect24, a luz permanece apagada. A fenda de luz sempre aparece apagada cando se está xogando a un xogo ou cando se utilizan outras funcións. Os dous portos USB encóntranse na parte posterior. A fenda para tarxetas SD agóchase detrás dunha tapa na parte frontal da Wii. As tarxetas SD poden ser utilizadas para subir fotografías, así como copias de seguridade dos datos gardados dos xogos e descargar xogos da Consola Virtual. Ao utilizar a fenda SD para transferir os xogos gardados, débese instalar unha actualización. Ben a poder descargar dende as opcións do menú de inicio de Wii, a través de Internet, ou mediante a inserción dun disco de xogo que teña unha actualización do firmware. A Consola Virtual é un sistema dixital de descargas cuxos xogos non poden ser usados en ningún outro sistema a excepción do sistema de orixe. As tarxetas SD tamén poden ser utilizadas para engadir música personalizada a un xogo, sempre que esta tarxeta teña arquivos en formato .mp3. Esta utilidade aparecía en xogos como [[Excite Truk]], ademais de poder utilizarse como música de fondo para a presentación de diapositivas do Canal Fotos.
 
Nintendo mostrou a Wii e o Control Remoto Wii en branco, negro, prata, verde lima e vermello, pero só está dispoñible en branco. [[Shigeru Miyamoto]] afirmou que as outras cores estarían dispoñibles ao público en canto se superen as dificultades no abastecemento de consolas. En Europa lánzase a consola en cor negra o 20 de novembro de 2009. O día 7 de novembro de 2010 foi lanzada a varios mercados en edición limitada en cor "vermella Mario" para celebrar o 25 aniversario de dito personaxe que inclúe un novo Wiimote Plus, que, ao igual que o resto de accesorios, son de cor vermella, así como o xogo de New Super Mario Bros Wii.
|+ '''Especificacións técnicas '''
! [[CPU]]
| IBM [[PowerPC]], nome en clave "Broadway" (IBM Broadway) (con tecnoloxía SOI CMOS de 90  nm)
| 729  MHz
|-
! GPU
| ATI "Hollywood" manufacturado con tecnoloxía SOI CMOS de 90 &nbsp;nm<ref>[http://wii.ign.com/articles/699/699118p1.html Ign, 29 de marzo de 2006 (en inglés)]</ref>
| 243 &nbsp;MHz
|-
! [[Memoria de acceso aleatorio|RAM]]
|-
! Medio
| colspan="2" | Wii Optical Disc (12 &nbsp;cm), GameCube Optical Disc (8 &nbsp;cm)
|-
! Almacenamento
|-
! Formatos compatibles
| colspan="2" | GameCube Optical Disc (GOD) de 8 &nbsp;cm
|-
! Saída audio-vídeo
|-
! Dimensións e peso
| colspan="2" | Aproximadamente 157 &nbsp;mm (altura) x 215'4 &nbsp;mm (profundidade) x 44 &nbsp;mm (ancho) e pesa aproximadamente 1'2 Kg
|}
 
393.002

edicións