Áraba: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 31:
O norte de Áraba é unha franxa montañosa con varias serras que se elevan por encima dos 1.000 m de altura, que marcan en boa medida os límites con Biscaia. Están poboadas de bosques, de tipo atlántico. Destacan as serras de [[Serra de Urkilla|Urkilla]] (con o [[Aizkorri]], 1544 m), [[Serra de Artabán|Artabán]], [[Macizo de Gorbeia|Gorbeia]] (1.482 no pico homónimo). Estas serras prolónganse parcialmente cara occidente, nos límites coa [[provincia de Burgos]]: ([[serra Salvada]], [[serra Garobe]]).
O centro do territorio, chairo, constitúe unha prolongación da [[Meseta Central]], cunha altitude media duns 600 m. No sur sitúase a [[Rioxa arabesa]], na conca do [[río Ebro]], que se abre paso entre os primeiros cordais do [[Sistema Ibérico]] ([[serra de Toloño]], [[serra de Cantabria]], [[serra de Codés]]), nas lindes coas comunidades da [[A Rioxa|Rioxa]] e [[Navarra]].
[[Ficheiro:Vitoria desde berrosteguieta.jpg|miniatura|dereita|250px|Vista da Llanada de Áraba, con Vitoria no centro.]]
|