San Petersburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 60:
O censo de 2010 rexistrou a seguinte composición étnica na cidade:<ref name="2010Census"/> [[Pobo ruso|rusos]] 80,1%, [[Pobo ucraíno|ucraínos]] 1,3%, [[Pobo bielorruso|bielorrusos]] 0,8%, [[Pobo tártaro|tártaros]] 0,6%, [[Pobo armenio|armenios]] 0,6%, xudeus 0,5%, [[Pobo uzbeco|uzbecos]] 0,4%, [[Pobo taxico|taxicos]] 0,3%, [[Pobo acerbaixán|acerbaixáns]] 0,3%, [[Pobo xeorxiano|xeorxianos]] 0,2%, [[Pobo moldavo|moldavos]] 0,2%, [[Pobo ingrio|finlandeses]] 0,1%, outros – 1,3%. Non se especificou a orixe étnica do 13,4% restante dos habitantes.
[[Ficheiro:Mn spb 1.jpg|right|thumb|Unha manifestación multitudinaria no centro de San Petersburgo.]]
O [[século XX]] viu fortes subidas e baixadas de poboación. Dos 2,4 millóns de [[1916]] pasouse a menos de 740.000 en [[1920]] durante a [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]] e a [[Guerra Civil Rusa]]. As minorías de alemáns, polacos, finlandeses, estonianos e letóns foron completamente transferidos de Leningrado durante os anos 1930.<ref name="martin">Martin, Terry (1998). [http://www.jstor.org/stable/10.1086/235168?seq=1#page_scan_tab_contents The Origins of Soviet Ethnic Cleansing]. ''[[The Journal of Modern History]]'' 70.4, 813–861.</ref> Dende [[1941]] a finais de [[1943]], a poboación caeu dos 3 millóns a menos de 600.000, xa que moita xente morreu nas batallas, de fame durante o [[sitio de Leningrado]], ou foron evacuadas. Logo do sitio, algúns evacuados regresaron, mais a meirande parte do influxo debeuse á migración dende outras partes da [[Unión Soviética]]. A cidade absorbeu en torno a 3 millóns de habitantes nos anos 1950 e medrou ata máis de 5 millóns nos anos 1980. Entre [[1991]] e [[2006]] a poboación da cidade diminuiu ata os 4,6 millóns, mentres que a poboación suburbana aumentou a causa da privatización do solo e ao movemento masivo aos suburbios. Segundo o censo de 2010, a poboación actual da cidade é de máis de 4,8 millóns de habitantes.<ref name="Demoscape0163">Чистякова Н. [http://demoscope.ru/weekly/2004/0163/tema01.php Третье сокращение численности населения... и последнее?] ''Демоскоп Weekly'' 163&nbsp;– 164, August 1–15, 2004.</ref><ref>Russian source: "Encyclopedia of Saint Petersburg" Чистяков А. Ю. [http://www.encspb.ru/ru/article.php?kod=2804035787 Население (обзорная статья)]. ''Энциклопедия Санкт-Петербурга''</ref> A [[taxa de natalidade]] continúa a ser menor que a de [[taxa de mortalidade|mortalidade]]; a xente por riba dos 65 anos constitúe máis do 20 % da poboación e a idade media é duns 40 anos.<ref>Russian statistics [http://gov.spb.ru/govstatic/adminwritable/otrasldocuments/truden/demogr2014/pokazately10/03/Press%20Kit%202013.pdf ОсновныеST. показателиPETERSBURG социально-демографическойReference ситуации в Санкт-ПетербургеInformation]{{dead link|date=February 2012}}</ref>
 
A meirande parte da poboación do San Petersburgo urbán vive en apartamentos. Entre [[1918]] e os anos 1990, o réxime soviético [[nacionalización|nacionalizou]] a vivenda e obrigou aos residentes a compartir apartamentos comunitarios (''[[kommunalka]]s''). Co 68% da poboación vivindo en pisos compartidos na década de 1930, Leningrado foi a cidade da URSS co maior número de ''kommunalkas''. O realoxamento dos residentes das ''kommunalkas'' estase a levar a cabo, aínda que os apartamentos compartidos aínda son frecuentes. A medida que os novos barrios foron construíndose ás aforas da cidade nas décadas de 1950 e 1980, en torno a medio millón de familias de baixos ingresos recibiron apartamentos libres, e en torno a 100.000 apartamentos máis foron comprados. Mentres que a actividade económica e social concéntrase no centro histórico da cidade, a parta máis rica de San Petersburgo, a meirande parte das persoas viven na [[área metropolitana]]. No primeiro semestre de [[2007]], a taxa de natalidade foi de 9,1 por 1000.<ref>{{Cita web|url=http://demoscope.ru/weekly/2007/0301/barom04.php |title=В первом полугодии продолжалось умеренное повышение числа рождений |publisher=Demoscope.ru |accessdate=January 6, 2009}}</ref>