Río Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m banner {{sen referencias}}
m Arranxos using AWB
Liña 18:
| cadea fluvial =
| mapa = [[Ficheiro:Hidrogalicia rio eume.svg|300px]]
| lenda mapa = Conca do [[Río_Eume|Eume]] (en azul escuro)
}}
 
O '''río Eume''' é un río galego. Nace na [[Serra do Xistral]] na parroquia da [[A Balsa, Muras|Balsa]], no concello [[provincia de Lugo|lugués]] de [[Muras]]. O seu percorrido de 80  km transcorre placidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila [[As Pontes de García Rodríguez|das Pontes de García Rodríguez]], vaise encaixando nun val profundo coñecido como [[canón do Eume]], en parte asolagado polo [[encoro do Eume]]. A medida que se achega á desembocadura vaise abrindo o val ata formar un amplo [[Estuario|esteiro]] que en [[marea]] baixa forma unha [[illa]] coñecida como As Croas, de gran valor [[Marisqueo|marisqueiro]] e [[Fauna|faunístico]]. Finalmente desemboca na [[Ría de Ares]], no [[Golfo Ártabro]], entre os concellos [[provincia da Coruña|coruñeses]] de [[Pontedeume]] e [[Cabanas]] dos que é a súa fronteira natural.
 
== A lenda dos tres ríos ==
Liña 33:
No [[2008]] desviouse unha boa porcentaxe do seu [[caudal]] ata encher o [[Lago das Pontes|novo lago]] que ocupa o furado deixado pola mina de lignito das Pontes, cunha [[extensión]] superior á da cidade da [[A Coruña|Coruña]].<ref>[http://fresqui.com/actualidad/otros/as-pontes-se-prepara-para-albergar-el-mayor-lago-de-galicia/-16659# As Pontes se prepara para albergar el mayor lago de Galicia] {{es}}</ref> O lago rematouse de encher en [[2012]].<ref>{{cita novas |url=http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/05/16/feijoo-anuncia-plan-gestion-lago-as-pontes/609281.html |título=Feijóo anuncia el plan para la gestión del lago de As Pontes |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |localización=[[A Coruña]] |data=16/5/2012 |dataacceso=13 de novembro de 2015 |lingua=es}}</ref>
 
Unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas nel. Salientan na marxe dereita o rego de Montouto, preto da capitalidade do concello de [[Muras]], e, xa na provincia da Coruña, o río Maciñeira, o máis longo de todos os afluentes (11 &nbsp;km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da [[Central térmica das Pontes]], o río do Pareiro, que desemboca no Encoro do Eume formando un profundo entrante, e o río Sesín, que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro]].<br>Na marxe esquerda salientan o rego Felgado, que ten as súas fontes en terras de Xermade, o río Chamoselo, cunha ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano das Pontes. Vertendo as súas augas no [[Encoro do Eume]] despois de 10 &nbsp;km de percorrido, está o río Frei Bermuz, o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da Feira do Dez. En pleno canón do Eume verte o río de San Bartolomé tamén de 10 &nbsp;km, cuxo caudal foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de [[enerxía hidroeléctrica]] na Central do Parrote. Xa no esteiro, desemboca o [[Río de Covés]].
 
O [[30 de xuño]] de [[1997]] creouse o Parque Natural das [[Fragas do Eume]] ''(Real Decreto 211/96 de 2 de maio)'' cunha superficie de 9126 ha. Abarca terras dos concellos de [[Cabanas]], [[A Capela]], [[Monfero]] e [[Pontedeume]].
Liña 61:
 
{{ORDENAR:Eume, Río}}
 
[[Categoría:Ríos de Galicia]]