Camiño Francés: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|colwidth=30em}} +{{Listaref|30em}}) |
m Arranxos using AWB |
||
Liña 4:
Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: é a vía escollida polo 70-80% dos peregrinos <ref>Segundo as [http://peregrinossantiago.es/esp/oficina-del-peregrino/estadisticas/ estatísticas da Oficina do Peregrino], nos últimos anos as porcentaxes dos que seguiron o Camiño Francés foron as seguintes: 79,53% en 2008, 77,46% en 2009, 69,53% en 2010, 72,34% en 2011, 70,12% en 2012 e 70,30% en 2013. En segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 10-15%.</ref>. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.
Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.
A ''[[Historia Compostelana]]'', escrita polo entorno do bispo [[Diego Xelmírez]] a partir do ano [[1109]] recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) <ref>Alí ibn Yúsuf foi o emir almorávide desde 1106 ata a súa morte en 1143. O seus dominios estendíanse por Marrocos e Andalucía, Valencia e parte de Aragón (conquistou Zaragoza en 1110), Cataluña e Portugal.</ref> cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña [[Urraca de León|Urraca]], observou a marea de peregrinos e preguntou:
Liña 14:
[[Ficheiro:Codex Calixtinus.jpg|miniatura|Miniatura do ''Códice Calixtino''.]]
O ''[[Códice Calixtino]]'', copia realizada entre 1150 e 1160 dun exemplar modelo anterior desaparecido, está formado por cinco libros unidos, dos que o quinto (que é o que no sucesivo se designa como ''Códice Calixtino'') describe con detalle o Camiño Francés a través de trece etapas, desde Port de Cize (na [[Gascuña]] francesa) ata Santiago. Cómpre advertir que só as dúas primeiras, ata Pamplona, se podían facer nunha xornada, mentres que o resto esixían dúas ou máis, pois hai tramos de 60, 70 e ata 85 quilómetros.
* 1ª etapa: Port de Cize - [[Bizkarreta]] (Viscarret) ([[Erro, Navarra|Erro]], Navarra): 21
* 2ª etapa: Bizkarreta - [[Pamplona]]: 28
* 3ª etapa: Pamplona - [[Estella]] (Navarra): 43
* 4ª etapa: Estella - [[Nájera]] (A Rioxa): 69
* 5ª etapa: Nájera - [[Burgos]]: 85
* 6ª etapa: Burgos - [[Frómista]] (Palencia): 59
* 7ª etapa: Frómista - [[Sahagún, León|Sahagún]] (León): 55
* 8ª etapa: Sahagún - [[León]]: 52
* 9ª etapa: León - [[Rabanal del Camino]] ([[Santa Colomba de Somoza]], León): 64
* 10ª etapa: Rabanal - [[Vilafranca do Bierzo|Vilafranca]] (León): 49
* 11ª etapa: Vilafranca - [[Triacastela]] (Lugo): 47
* 12ª etapa: Triacastela - [[Palas de Rei]] (Lugo): 58
* 13ª etapa: Palas de Rei - Santiago de Compostela: 63
[[Aimery Picaud]], o suposto autor desta ''Guía do Peregrino'', describe igualmente as localidades que vai atravesando o Camiño, os mecenas que mandaron abrir ou reconstruír tramos ou pontes para facilitar o tránsito dos peregrinos, a calidade das augas dos ríos que había que cruzar (dato fundamental para o mantemento de peregrinos e as súas cabalerías), as características das xentes das distintas rexións que atravesaba e mailos santos e [[reliquia]]s que cumpría venerar durante a peregrinación. Remata coa descrición da cidade de Santiago e a Catedral e recomendando a tódolos veciños das vilas do Camiño un trato caritativo e respectuoso cos peregrinos, citando varios casos de castigos divinos a quen lles negou pan ou pousada.
Liña 40:
En torno a [[1965]], o cura do [[O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro|Cebreiro]], [[Elías Valiña]], restaura a igrexa de [[Santuario de Santa María a Real do Cebreiro|Santa María do Cebreiro]] e o conxunto das [[palloza]]s desta aldea, e anos despois - finais dos 70- comezou un labor persoal de delimitar as rutas e sinalizar o Camiño coas frechas amarelas que hoxe guían ós peregrinos <ref>A elección da cor amarela para pintar as frechas obedeceu a razóns persoais do cura do Cebreiro e tamén a razóns económicas: era a pintura que se utilizaba para a sinalización das estradas e a máis barata, coa vantaxe engadida da súa visibilidade [http://caminodesantiago.lavozdegalicia.com/gl/elias-valina-o-revitalizador-do-camino-no-seculo-xx/ "Elías Valiña: o revitalizador do Camiño no século XX"]. Lavozdegalicia.com, consultado o 19.01.2014).</ref>.
Segundo as distintas fontes, o actual Camiño Francés está dividido 30 ou máis etapas dun percorrido de entre 20 e 30 quilómetros cada unha, o que supón entre 5 e 8 horas de marcha. En calquera caso, esta división é arbitraria e cada peregrino fará o Camiño ó seu aire en función dos seus intereses e as súas capacidades e de que o percorra a pé, a cabalo ou en [[bicicleta]], facendo parada e fonda nas localidades da súa preferencia, sexan as indicadas nos itinerarios ou non.
A seguinte relación segue a distribución proposta na páxina web da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago,<ref>[http://www.caminosasantiago.es/content/feraci%C3%B3n-espa%C3%B1ola-de-asociaciones-de-amigos-del-camino-de-santiago]</ref><ref>[http://www.caminosantiago.org/cpperegrino/caminos/caminover.asp?CaminoId=1]</ref> pero como inicia o Camiño en Puente la Reina (punto de confluencia dos camiños que comezan en Francia para entrar en España por Roncesvalles ou por Somport), cómpre engadir outras catro etapas máis para comezar a peregrinación en Saint Jean Pied de Port, de acordo co percorrido descrito no ''Calixtino'':
Liña 120:
[[Larrasoaña]] naceu ó redor dun mosteiro fundado no século X. Un ''foro dos francos'' concedido no século XII potenciou o asentamento ó seu abeiro de artesáns estranxeiros, franceses fundamentalmente. Acolleu en [[1329]] as Cortes de Navarra para asistir ó xuramento dos reis [[Filipe II de Navarra]] (Filipe de Évreux) e [[Juana II de Navarra]]. Tivo tamén hospital de peregrinos.
Tras pasar [[Zuriain]] e [[Irotz]] crúzase o río Arga e segue cara a [[Zabaldica]] e [[Arleta]]. Cruza o río Ulzama e chega a [[Arre]], onde a ermida da Trindade -románica- mantivo un antigo hospital xa documentado no século XI.
Inmediatamente despois, o Camiño pasa por [[Villava]], coñecida hoxe por ser o berce do ciclista [[Miguel Indurain]], e [[Burlada]], hoxe fusionadas.
Liña 140:
Tras [[Uterga]] e [[Muruzábal]] (cunha igrexa coa imaxe de Santiago peregrino nun retablo) xorde unha desviación ó sur que leva á ermida de Santa María de [[Eunate]], igrexa románica do XII, de planta octogonal <ref>Suponse que foi hospital e cemiterio de peregrinos: nas tumbas que hai na igrexa atopáronse vieiras.</ref>. Desde Eunate, o peregrino pode volver sobre os seus pasos para regresar ó Camiño ou enlazar co Camiño Aragonés que o levará a Obanos.
[[Obanos]], a pouco máis de 2
En Obanos conmemórase outro dos milagres sonados do Camiño de Santiago, o ''Misterio de Obanos''. A lenda conta que a nobre Felicia de Aquitania foi peregrinar a Santiago e, ó regreso, decidiu renunciar á súa vida na corte e quedar aquí axudando ós pobres e peregrinos. Cando veu buscala o seu irmán, Guillerme, ela negouse a acompañalo e el, enrabechado, matouna a puñaladas. Cando, arrepentido, confesou en Roma o asasinato, impúxoselle como penitencia peregrinar el a Santiago, cousa que fixo e, de regreso, quedou como penitente en Obanos, na ermida de Arnotegui.<ref>A enda naceu na abadía de Saint Guilhem du Desert, onda Montpellier. Lembra a Guilhem X, conde de Tolosa e de Poitiers, morto en 1138.</ref>.
Liña 176:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Los Arcos - Sansol - Torres del Río - Bargota - Viana </span>
Nunha etapa que discorre á beira da estrada, [[Sansol]], topónimo derivado de San Zoilo, titular da parroquia, dá paso, a 1
A seguir, en [[Bargota]], o Camiño para xunto á ermida da Virgen del Poyo, que foi albergue de peregrinos, e segue o trazado da estrada NA-111 ata Viana. É posible separarse da estrada durante uns quilómetros por un camiño secundario, ata volver á mesma á altura de Cornava.
Liña 187:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Viana - Logroño - Navarrete </span>
Tras deixar Viana, a uns 5
Logroño (''Grujnus'' no ''Calixtino'') creceu grazas ó Camiño e ós privilexios que lle concedeu Sancho o Maior (que ó fixar o itinerario no XI fixo cruzar o Ebro por esta cidade) e [[Afonso VI de León]] (que lle concedeu os foros) <ref>"''O Camiño de Santiago é o que dá pulo ao crecemento de Logroño a partir dos séculos XI e XII. Esta cidade é xacobea desde as súas orixes. É cidade-camiño, lineal, de leste a oeste, como o propio Camiño''" (Elías Valiña, px. 58-59).</ref>. Na cidade destaca a catedral de Santa María la Redonda, construída no XV sobre unha anterior igrexa románica. A fachada, barroca de [[1742]], é un elaborado retablo en pedra. Hai tamén unha igrexa de Santiago el Real, de comezos do XVI, con imaxes de Santiago peregrino e ''matamouros'', así como outras escenas da súa vida.
Liña 194:
Aínda dentro da cidade, o Camiño atravesa a ''Porta do Camiño'', un arco da antiga muralla que hoxe está incluído dentro do casco urbano. Sae de Logroño atravesando unha ampla zona axardiñada (''Vía verde'' e o Parque de la Grajera) e descende cara a Navarrete. Aquí o Camiño segue dúas rutas paralelas, á dereita e á esquerda da estrada N-232: o Camiño vello de Fuenmayor e o Camiño vello de Navarrete.
Á altura de [[Fuenmayor]], a un lado do Camiño quedan as ruínas do hospital de peregrinos de San Juan de Acre (fundado cara a [[1185]]), do que se retiraron a portada, ventanais e outros elementos para construír o cemiterio de Navarrete a finais do XIX.
A uns 15
=== 9ª etapa: Navarrete - [[Nájera]] ===
Liña 212:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Nájera - Azofra - Ciriñuela - Cirueña - Santo Domingo de la Calzada </span>
A case 6
Pasa logo por [[Hervias]], onde estaba o hospital de Bellota (ou ''Valleota''), dos cabaleiros de Calatrava, que no XVI xa non existía. [[Afonso VIII de Castela]] menciona este hospital: "''in jacobensis camino prope Najera sito''".
Liña 232:
O peregrino sae de Santo Domingo pola ponte sobre o río Oja e segue paralelo á estrada nacional N-120. Axiña pasa ante a ''Cruz dos Valentes'', lugar onde se celebrou un Xuízo de Deus entre as aldeas de Santo Domingo e o de Grañón, coa vitoria do representante deste último. Ó pouco chega a [[Grañón]], fronteira en tempos entre o [[Reino de Navarra]] e o [[Condado de Castela]]. En Grañon deixa, xunto ó Camiño, a ermida dos Xudeus, cun cruceiro no seu interior datado en [[1536]]; no século XI existían os mosteiros de San Tomé e San Miguel e un hospital de peregrinos.
A 2
A seguir, [[Redecilla del Camino]] (''Radicella'', no ''Calixtino''), cun ''rollo'' xurisdicional á entrada. Como no caso de Grañón, tamén esta é unha aldea nacida á beira do Camiño e tamén tivo hospital, destinado a San Lázaro. Na igrexa da Virgen de la Calle, románica, pode verse unha interesante pía bautismal (románica do XII) cunha copa na que se esculpe unha cidade amurallada, con 8 torres e ameas, que podería representar a [[Xerusalén]] celestial.
En [[Castildelgado]], a igrexa de San Pedro contén o sepulcro de Gonzalo Gil Delgado, bispo de [[Lugo]] e [[Xaén]]; nos documentos medievais cítase un mosteiro e hospital dedicado a Santiago. Na vila seguinte, [[Viloria de Rioja]] (''Villa Oria'' en documentos de [[1028]]), naceu Santo Domingo e consérvase a igrexa e maila pía na que foi bautizado.
Finalmente, [[Vilamayor del Río]], cunha ''Fuente de Santiago'', e [[Belorado]] (''Bellfuratus'', no ''Calixtino''). Nesta vila, os restos dun castelo do século X e as igrexas de Santa María (do século XVI pero con fachada reconstruída en [[1901]]), cunha capela dedicada a Santiago, e a de San Pedro, do XVII. Tamén o convento de San Francisco, fundado en [[1250]].
Liña 244:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Belorado - Tosantos - Villambistia - Espinosa del Camino - Villafranca Montes de Oca - San Juan de Ortega </span>
[[Ficheiro:Monasterio de San Juan de Ortega (Burgos) Capitel románico s. XII del ciclo de la Natividad.JPG|miniatura|esquerda|Capiteis da capela de San Nicolás.]]
O Camiño sae de Belorado pola ponte do [[río Tritón]]. En [[Villambistia]] está a igrexa de Santo Estevo, do XVII.
Á saída de [[Espinosa del Camino]] pasa ante as ruínas do mosterio [[arte mozárabe|mozárabe]] de San Fiz de Oca, onde se supón que está soterrado o fundador da cidade de [[Burgos]], [[Diego Rodríguez Porcelos]], conde de Castela (m. 885). Cerca deste mosteiro estivo a antiga cidade de ''Auca'' (Oca), que foi sé episcopal ata que esta se trasladou a Burgos en [[1075]]; disque o seu primeiro bispo foi San Indalecio, un discípulo de Santiago.
Liña 250:
En [[Villafranca Montes de Oca]] (''Nemus Oque'', no ''Calixtino'' <ref>Aquí produciuse outro milagre relatado no ''Calixtino'': un matrimonio de peregrinos franceses ían a Santiago co seu fillo, pero este morre nestes montes. Non obstante, cando o van enterrar, entre oracións ó Apóstolo, resucita e poden seguir felizmente o Camiño (Elías Valiña, px. 67).</ref>), cruzada polo [[río Oca]], destaca a igrexa de Santiago, do XVIII, cunha pía de auga bendita feita coa cuncha dunha enorme ''[[Tridacna]]'' traída das [[Filipinas]]. Tamén se conservan os restos de dous hospitais de peregrinos, un dedicado a San Antón Abade e, segundo os arquivos que se conservan, acollía no século XVI a uns 18.000 peregrinos cada ano.
Tras Villafranca ábrese un longo traxecto, duns 12
Cerca do Porto de La Pedraja (1.130 m) chega a [[Valdefuentes]], que tivo hospital no século XII. Aquí o peregrino podía tomar dúas posibles rutas: a ruta de [[Zalduendo]] (un pouco ó sur, pasando por Arlanzón, Ibeas de Juarros, Villayuda e Capiscol, onde se fusiona coa outra vía) ou a de San Juan de Ortega, directa a esta localidade (e que é a se describe aquí).
O Mosteiro de San Juan de Ortega atribúese á man de Juan Velázquez (1080-1163), que pasou á posteridade como San Juan de Ortega e que foi discípulo de Santo Domingo de la Calzada, se ben só unha parte é de estilo románico (cara a 1152) e non foi concluído ata o século XV. Crese que foi fundado, xunto co hospital, para protexer os peregrinos dos frecuentes ataques que sufrían ó atravesar os Montes de Oca por parte dos numerosos bandidos que alí os esperaban <ref>"''Die ac nocte jacobipetas interficientes et multos expoliantes''" (Elías Valiña, px. 180).</ref>. Na capela de San Nicolás de Bari (s. XII) destacan os capiteis románicos e, entre eles, o da [[Anunciación]], sobre o que incide o sol só dúas veces ó ano a través dunha pequena ventá, coincidindo cos [[equinocio]]s do 21 de marzo e 22 de setembro.
Juan de Ortega morreu en Nájera pero foi enterrado en Ortega, nun mausoleo gótico (1464) no que se representran escenas e milagres do santo. Na cripta da mesma igrexa está o sartego románico que se fixo para o santo pero que, segundo a tradición, nunca se utilizou.
Liña 263:
Elías Valiña describe tres posibles vías para facer esta etapa. Unha baixa cara ao sur a Santovenia e Zalduendo (onde segue cara a Burgos coa variante que vimos na etapa anterior); outra sobe ó norte por Colina, Olmos de Atapuerca, Rubena e Villafría -hoxe un barrio de Burgos- e Burgos <ref>Este tramo percorre un entorno industrial e fortemente urbanizado, polo que non adoita ser seguida polos peregrinos.</ref>; e unha terceira que é a seguida por Picaud por Agés, Atapuerca, Cardeñuela e Villafría.
Entre os lugares de [[Agés]] <ref>O topónimo pode proceder do latín ''Fagage'', monte de [[faia]]s; do árabe ''Fageg'', peregrino; ou do vasco ''Agista'', fronteira.
En Atapuerca tivo lugar a batalla entre [[Fernando I de León]] (ou de Castela]] e o seu irmán [[García III de Navarra]] (ou García I de Pamplona, tamén chamado "o de Nájera"), co resultado da morte desde segundo, o [[15 de setembro]] de [[1054]]. Logo vén [[Villalval]], onde o Camiño ascende ata un alto no que hai chantada unha cruz de madeira cuxo pé está cuberto de pedras depositadas polos peregrinos. A partir de aquí, descende lixeiramente ata Burgos.
Liña 271:
En Burgos destaca a [[catedral de Burgos|Catedral de Santa María]], gótica do século XIII e construída sobre unha anterior, románica, levantada por Afonso VI. Entre outras obras de arte contidas na Catedral, os sepulcros de [[Rodrigo Díaz de Vivar|El Cid]] e a súa dona Jimena. Da importancia que tivo Burgos no desenvolvemento do Camiño dá conta o feito de que chegou a contar con máis de 30 hospitais para peregrinos.
Próximos á cidade están dous monumentos que cómpre visitar: o [[Mosteiro de las Huelgas|Mosteiro de Santa María a Real de las Huelgas]] e a [[Cartuxa de Miraflores]]. A maior distancia, uns 60
En Burgos remata a 5ª etapa do Camiño que describe o ''Calixtino''.
Liña 278:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Burgos - Villalbilla - Tardajos - Rabé de las Calzadas - Hornillos del Camino </span>
O peregrino deixa Burgos tras cruzar o río Arlanzón pola Ponte dos Malatos (denominación antiga dos leprosos) e pasando onda o Hospital del Rey <ref>Fundado polo rei [[Afonso VIII de Castela]] en [[1195]], foi un gran centro de acollida de peregrinos, dependente do Mosteiro de las Huelgas. A porta de entrada denomínase ''Puerta de Romeros'', e ó seu carón estivo o cemiterio onde se enterraba os peregrinos.</ref>.
Tras cruzar [[Villalbilla de Burgos]] e pasar por debaixo da autovía A-231 (Autovía do Camiño de Santiago), que une Burgos e León, chega a [[Tardajos]] (''Augustobriga'' na dominación romana; ''Alterallia'', no ''Calixtino''), cunha cruz de peregrinos á entrada, do século XVIII. En [[1182]] tivo hospital de peregrinos <ref>"''In vila qui dicitur Oterdaios eclessiam S. Johannis cum hospitale''" (Elías Valiña, px. 188).</ref>. Por aquí discorría a calzada romana que unía ''Clunia'' (hoxe [[Coruña del Campo]], Burgos) con ''Julióbriga'' (hoxe [[Reinosa]], Cantabria).
Liña 300:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Castrojeriz - Itero del Castillo - Itero de la Vega - Boadilla del Camino - Frómista </span>
Comeza esta etapa do Camiño, tras cruzar o río Odra ou Odrilla, cun lento e prolongado ascenso ata o Alto de Mostelares (917 m), no que entra en [[Terra de Campos]], o ''graneiro de España'', caracterizada pola súa [[topografía]] plana e uniforme. Deste Mostelares comeza o descenso cara a [[Itero del Castillo]], última vila do Camiño na provincia de Burgos, onde cruza o [[río Pisuerga]] sobre a Ponte Fitero (''Pons Fiterie'', no ''Calixtino'') ou Ponte da Mula. A ponte actual levantouse sobre outra anterior de finais do XI da que non se conservan restos. O topónimo lembra tanto a propia ponte como o feito de estar alí o fito que marcaba os límites occidentais de Castela: era o Pisuerga a fronteira natural entre Castela e León. Ó pé da ponte houbo hospital de peregrinos e un mosteiro.
Xa en [[provincia de Palencia|Palencia]], cruza [[Itero de la Vega]], pasando antes fronte á ermida da Piedade, do século XIII, na que hai unha talla de Santiago peregrino.
Tras cruzar o Canal do Pisuerga chégase a [[Boadilla del Camino]], onde destaca unha elaborada picota (''rollo'') xurisdicional do XV, en estilo gótico tardío, xunto á igrexa da Anunciación (XVI-XVII), que posúe unha interesante pía bautismal románica.
Liña 326:
O Camiño continúa agora entre a autovía A-231 e a nacional N-120. Ó pouco de saír de Carrión pasa xunto á abadía de Santa María de Benevívere, fundada en [[1169]] e practicamente derruída trala [[desamortización]] de Mendizábal. Logo cruza a calzada romana XXXIV, prolongación da Vía Aquitania que unía [[Bordeos]] con [[Astorga]] pasando por Pamplona, [[Briviesca]] e [[Palencia]]; e coincide durante un breve traxecto coa Cañada Real Leonesa, unha das diversas rutas que os pastores [[trashumancia|trashumantes]] utilizaban para levar os seus rabaños desde os campos de León a [[Estremadura]], e viceversa.
Finalmente, tras 17
Existe outra ruta alternativa desde Carrión a Sahagún, polo sur do itinerario descrito. Pasa por Calzada de los Molinos, Cervatos de la Cueza, San Román de la Cuba, Pozo de Urama, Villada, Grajal de Campos, San Pedro de las Dueñas e Sahagún.
Liña 351:
Sáese de Sahagún cruzando o [[río Cea]] pola ''Puente Canto'', onde estivo o mosteiro dos [[Santos Facundo e Primitivo]], orixe da cidade que foi nacendo ó seu redor.
Tras 4
A segunda ruta, que é a que seguimos aquí, coñécese como ''Real Camino Francés''. Segue cara ao oeste ata [[Bercianos del Real Camino]], que lembra no seu topónimo a repoboación con xentes vidas desde [[O Bierzo]]. Nesta localidade só atopamos unha modesta ermida dedicada á Nosa Señora de Perales, onde tamén houbo hospital de peregrinos. Consta a doazón en [[1186]] da igrexa de Santa María de Bercianos ó Hospital do Cebreiro.
Liña 361:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> El Burgo Ranero - Reliegos - Mansilla de las Mulas </span>
Tras 13
O peregrino que vén polo Camiño francés entra na vila a través da Porta do Castelo, ó sur, que foi a porta principal da muralla e da que só se conservan as paredes laterais. O que tomara a desviación por Calzadilla (a chamada alternativa da ''Vía Trajana'') faino pola porta de Santa María, ó oeste, única que se conserva íntegra.
Liña 385:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Léon - Trobajo del Camino - La Virgen del Camino - Valverde de la Virgen - San Miguel del Camino - Villadangos del Páramo </span>
[[Ficheiro:La Virgen del Camino 01-02k.JPG|miniatura|esquerda|Estatuas dos apóstolos Santiago (co corpo cuberto de cunchas de vieira) e Xoán, na fachada da Basílica de La Virgen del Camino (León).]]
O peregrino deixa León pola ponte medieval de San Marcos sobre o Órbigo e comeza un primeiro tramo desta etapa moi incómodo porque durante máis de 8
Ó final deste tramo chega a [[La Virgen del Camino]], que debe o seu nome a unha lenda segundo a cal a Virxe se lle apareceu ó pastor Alvar Simón en [[1505]] <ref>Elías Valiña sitúa este feito entre 1502 e 1511.</ref>. Con tal motivo levantouse unha ermida e co tempo, sobre ela, a moderna Basílica de Santa María del Camino, construída por Francisco Coelho de Portugal e inaugurada en [[1961]]. Destaca a monumental fachada de [[Josep Maria Subirachs]], coas figuras en bronce dos doce apóstolos ó redor da Virxe. Hoxe, La Virgen del Camino é patroa da rexión leonesa.
Liña 419:
O Camiño pasa por [[Valdeviejas]] (coa ermida do Ecce Homo, do XVIII, e antigo hospital de peregrinos), cruza a autovía [[A-6]] (Autovía do Noroeste) e chega a [[Murias de Rechivaldo]] (coa igrexa de Santo Estevo, XVIII, e unha imaxe de San Roque como peregrino).
Ó pouco de Murias, unha desviación cara ao norte leva ata [[Castrillo de los Polvazares]], aldea fundada no século XVI que merece visitarse, xa que conserva case intacta as rúas empedradas e a arquitectura tradicional, razóns polas que foi declarada Conxunto Histórico-Artístico.
A localidade seguinte é [[Santa Catalina de Somoza]], que se cruza pola rúa Real. Aquí tamén houbo un hospital de peregrinos, dedicado á Virgen de las Candelas, hoxe desaparecido. Segue por [[El Ganso]], que tamén contou con hospital (1142) e un mosteiro, onde destaca a igrexa de Santiago coa capela do Cristo dos Peregrinos. A pouco deste lugar existiu o [[carballo (árbore)|Carballo]] do Peregrino (ou de Fonso Pedredo), derrubado por un temporal en novembro de 2013. Pouco antes de Rabanal, o Camiño pasa ante a ermida do Cristo de la Vera Cruz.
Liña 433:
O Camiño continúa acompañando a estrada LE-142. Tras un primeiro tramo no que segue a ascensión da etapa anterior, ata Manjarín (1430 m), vén logo un forte descenso que se manterá ata chegar a Molinaseca (580 m), o que castiga seriamente as pernas do peregrino.
Á entrada de [[Foncebadón]] (''Fonssabaton'') pasa por diante dunha simpe cruz de madeira. Hoxe o lugar está completamente abandonado aínda que tivo que ter a súa importancia, a xulgar polas mencións que aparecen na documentación medieval relacionada coa peregrinación; tamén se celebrou aquí un concilio no século X. Aquí houbo un albergue e un hospital para peregrinos fundado no século XI polo ermitán Guacelmo.
Dous quilómetros máis adiante está a Cruz de Ferro, sinxelo monumento ós peregrinos formado por unha pequena cruz de ferro sobre un alto tronco, onde a tradición manda deixar unha pedra na base. Así formouse un [[amilladoiro (túmulo)|milladoiro]] que, pese á súa humildade, é un dos máis recoñecidos do Camiño. Xunto á cruz, a moderna ermida de Santiago Apóstolo (1982). Este é o punto máis alto do Camiño Francés por terras españolas, con 1.500 m de altitude e, en tempo dos romanos, linde entre a Maragatería e o Bierzo, no que os romanos chamaban montes de Mercurio.
Liña 441:
Finalmente, [[Riego de Ambrós]], con hospital no século XII, e Molinaseca, non sen antes pasar diante do Santuario de Nosa Señora de las Angustias, construída sobre unha ermida do XI e hoxe case en ruínas. O peregrino entra en Molinaseca a través dunha ponte románica, xa documentada no XII, sobre o río Meruelo. Hai unha rúa Real que dá a unha praza onde estivo o hospital e na que hoxe se ve un cruceiro de capela.
En función do estado de forzas, pódese pernoctar aquí ou seguir 8
=== 27ª etapa: Molinaseca - [[Vilafranca do Bierzo]] ===
Liña 449:
Despois de Molinaseca, o Camiño bifúrcase nas chamadas Ruta do Paso da Barca e a Ruta de Campo. A primeira, que segundo Elías Valiña tamén chaman ''Camino de los gallegos'', segue a estrada e cruzaba o río Boeza por unha ponte romana afundida no XVIII e reconstruída no XIX. Próximo a este lugar, ''Paso da Barca'', houbo hospital, ermida e convento agustino.
Pasa polo lugar de [[Campo, León|Campo]], cunha fonte romana cuberta de bóveda e a igrexa parroquial de Nosa Señora da Encina (XVII). Cruza logo o río Boeza e chega, tras máis de 7
O Camiño segue, dando unha curva cara ao norte, ata [[Compostilla]], hoxe un barrio de Ponferrada; [[Columbrianos]], xa documentada no século X, coa igrexa de Santo Estevo (XVIII); [[Fuentes Nuevas]], cun un moderno cruceiro no que a tradicional imaxe da Virxe no reverso da cruz está substituída pola de Santiago peregrino; e [[Camponaraya]], coa igrexa de San Ildefonso e a capela da Virxe da Soidade.
Liña 463:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Vilafranca do Bierzo - Pereje - Trabadelo - La Portela de Valcarce - Ambasmestas - Vega de Valcarce - Ruitelán - Las Herrerías - La Faba - Laguna de Castilla - O Cebreiro </span>
[[Ficheiro:Cáliz y Patena del Cebreiro.jpg|miniatura|esquerda|O Santo Graal, no Cebreiro.]]
A última etapa do Camiño en terras leonesas é longa (28
Tras cruzar o [[río Burbia]] chega a [[Pereje]] e segue por [[Trabadelo]] e [[La Portela de Valcarce]], que debe o nome ó portádego que alí se cobraba a quen cruzase o val, vixente ata o século XVIII. Logo vén [[Ambasmestas, A Veiga de Valcarce|Ambasmestas]], quizais co significado de ''ambas augas'', por ser neste punto onde conflúen os ríos Valcarce e [[río Balboa|Balboa]].
Liña 482:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> O Cebreiro - Liñares - Hospital - Padornelo - Fonfría - O Biduedo - Fillobal - Pasantes - Ramil - Triacastela </span>
Por fin, o peregrino intérnase por [[Galicia|terras galegas]], aínda con 151
[[Liñares, Pedrafita do Cebreiro|Liñares]] (''Linar de Rege'', no ''Calixtino'') é a primeira localidade, coa igrexa de Santo Estevo, prerrománica pero reconstruída en 1963. Case un quilómetro despois pasa polo Alto de San Roque (1.270 m), onde se instalou un monumento ó peregrino, obra de [[José María Acuña López|José María Acuña]] <ref>Autor tamén de monumentos semellantes no Monte do Gozo e en San Caetano (Santiago).</ref>.
Liña 520:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Sarria - As Paredes - Vilei - Barbadelo - Rente - Peruscallo - Cortiñas - Lavandeira - A Brea - Morgade - Ferreiros - Mirallos - A Pena - O Couto - As Rozas - Moimentos - Parrocha - Vilachá - Portomarín </span>
Sarria é o punto elixido por moitos peregrinos como o máis próximo a Santiago que permite gañar a ''[[Compostela (certificado)|Compostela]]'' cumprindo a condición de percorrer a pé un mínimo de 100
Tras deixar Sarria e pasar onda o convento da Magdalena, o Camiño cruza o río Pequeno pola ponte medieval de Ponte Áspera e comeza unha lenta e continua ascensión. Pasa por [[Vilei, Barbadelo, Sarria|Vilei]] (cunha igrexa románica dedicada a Santiago), [[Barbadelo, Sarria|Barbadelo]] (coa igrexa tamén dedicada a Santiago, cunha interesante iconografía na portada), [[Rente, Barbadelo, Sarria|Rente]], [[Peruscallo, Belante, Sarria|Peruscallo]], [[Cortiñas, Biville, Sarria|Cortiñas]], [[Lavandeira, Biville, Sarria|Lavandeira]], [[A Brea, A Pinza, Sarria|A Brea]] (o punto máis alto desta etapa, con 663 m) e [[Morgade, A Pinza, Sarria|Morgade]].
Liña 536:
O Camiño cruza os lugares de [[Gonzar, Portomarín|Gonzar]] (coa igrexa de Santa María), [[Castromaior, Portomarín|Castromaior]] (cun castro moi próximo), [[O Hospital, San Mamede do Río, Portomarín|O Hospital]] e [[Vendas de Narón, San Mamede do Río, Portomarín|Vendas de Narón]]. Entra no concello de Monterroso e cruza [[A Previsa, Ligonde, Monterroso|A Previsa]], [[Os Lameiros de Abaixo, Ligonde, Monterroso|Os Lameiros]] (coa capela de San Marcos e un antigo cruceiro de [[1670]]), [[Ligonde, Monterroso|Ligonde]] (onde pasa por diante dos restos dun hospital da Orde de Santiago e dun cemiterio de peregrinos, sinalizado cunha sinxela cruz) e [[Airexe, Ligonde, Monterroso|Airexe]] (coa igrexa de Santiago, que conserva a portada románica). En Ligonde hospedáronse [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]] (1520) e [[Filipe II de España|Filipe II]] (1554).
Entra no concello de Palas de Rei a través de [[Portos, Lestedo, Palas de Rei|Portos]] e [[Lestedo, Palas de Rei|Lestedo]]. Antes de chegar a esta última localidade, unha desviación ó norte leva ata [[Vilar de Donas, Palas de Rei|Vilar de Donas]], a uns 2,5
Despois veñen [[Os Valos, Lestedo, Palas de Rei|Os Valos]], [[A Mamurria, Lestedo, Palas de Rei|A Mamurria]], [[A Brea, Lestedo, Palas de Rei|A Brea]], [[Abenostre, Lestedo, Palas de Rei|Abenostre]] e [[O Rosario, Lestedo, Palas de Rei|O Rosario]], onde a tradición conta que os peregrinos, que albiscaban desde aquí o cumio do [[Pico Sacro]], paraban a rezar un [[rosario (cristianismo)|rosario]].
Liña 546:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Palas de Rei - O Carballal - San Xiao do Camiño - Pallota - A Ponte Campaña - Casanova - Porto de Bois - A Campanilla - O Leboreiro - Furelos - Melide - Santa María de Melide - O Carballal - Parabispo - Boente - A Castañeda - Ribadiso - Arzúa </span>
[[Ficheiro:Igrexa de Santa María de Melide.jpg|miniatura|esquerda|Pinturas en Santa María de Melide.]]
O Camiño entra nunha longa etapa (29
En Palas de Rei érguese un monumento con dous peregrinos bailando, obra de Jesús A. Novo.<ref>[http://caminodesantiago.consumer.es/etapa-de-portomarin-a-palas-de-rei Eroski Consumer: Portomarín - Palas de Rei]</ref> Deixando Palas, o Camiño pasa polo [[O Carballal, Palas de Rei|Carballal]], [[San Xiao do Camiño, Palas de Rei|San Xiao do Camiño]] (cunha igrexa románica do s. XII), [[A Pallota, San Xiao do Camiño, Palas de Rei|A Pallota]], [[A Ponte Campaña, O Mato, Palas de Rei|A Ponte Campaña]] (onde cruza o [[río Pambre]]), [[Casanova, O Mato, Palas de Rei|Casanova]], [[Porto de Bois, O Mato, Palas de Rei|Porto de Bois]] e [[A Campanilla, O Mato, Palas de Rei|A Campanilla]]. En Porto de Bois celebrouse en [[1370]] a batalla na que [[Fernán Ruiz de Castro]], conde de Lemos e leal a [[Pedro I de Castela]], ''O Cruel'', foi derrotado polas tropas de [[Henrique II de Castela|Henrique de Trastámara]].
Liña 554:
En Melide conflúe o [[Camiño Primitivo]], polo que se multiplica o número de peregrinos.
Despois vén [[Santa María de Melide, Melide|Santa María de Melide]], cunha igrexa románica de finais do XII que conserva unhas interesantes pinturas na [[ábsida]], e [[O Carballal, Santa María de Melide, Melide|O Carballal]]. Tras cruzar o [[río Catasol]] pasa polo [[O Raído, O Barreiro, Melide|Raído]] e [[Parabispo, O Barreiro, Melide|Parabispo]].
O Camiño entra agora no concello de Arzúa e pasa pola [[A Peroxa, Boente, Arzúa|Peroxa]], [[Boente, Arzúa|Boente]] (coa igrexa de Santiago) e [[A Castañeda, Arzúa|A Castañeda]], onde estaba a fábrica de cal para as obras da catedral de Santiago que se alimentaba das pedras calcarias que traían os peregrinos desde Triacastela. Logo vén [[Ribadiso, Rendal, Arzúa|Ribadiso]], onde se atravesa o río Iso e onde estivo o hospital de peregrinos de Santo Antón, para entrar finalmente en Arzúa. Aquí destaca o convento da Magdalena e a moderna igrexa de Santiago, na que este santo aparece representado como peregrino e como ''matamoros''. Tamén foi a sede dun antigo hospital de peregrinos, no desaparecido mosteiro do Sancti Spiritus, que hoxe acolle o [[Museo da Terra de Melide]].
Liña 564:
<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:100%"> Arzúa - As Barrosas - A Peroxa - A Calle de Ferreirós - A Boavista - A Rabiña - Santa Irene - O Pedrouzo - Santo Antón - O Amenal - San Paio - A Lavacolla - Santiago </span>
A última etapa do Camiño é tamén a máis longa, con 40
Pasa primeiro polas [[As Barrosas, Arzúa, Arzúa|Barrosas]] (coa capela de San Lázaro), para cruzar despois o [[río Brandeso]]. Segue por [[Pregontoño, Burres, Arzúa|Pregontoño]] e [[A Peroxa, Burres, Arzúa|A Peroxa]].
Liña 570:
Entra agora no concello do [[O Pino|Pino]], cruzando os lugares da [[A Calle de Ferreiros, Ferreiros, O Pino|Calle de Ferreiros]], [[A Boavista, Ferreiros, O Pino|A Boavista]], [[Oxén, Cerceda, O Pino|Oxén]], [[A Rabiña, Cerceda, O Pino|A Rabiña]], [[Santa Irene, Arca, O Pino|Santa Irene]] e, finalmente, [[O Pedrouzo, Arca, O Pino|O Pedrouzo]].
Tras deixar [[Santo Antón, Arca, O Pino|Santo Antón]] e [[O Amenal, Pereira, O Pino|O Amenal]], e cruzar o [[río Brandelos]], o Camiño entra no concello de Santiago. Cruza [[San Paio, Sabugueira, Santiago de Compostela|San Paio]] e rodea a valla perimetral do [[aeroporto da Lavacolla|aeroporto]], para chegar á [[A Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela|Lavacolla]] (''Lavamentula'', no ''Calixtino''), onde destaca a igrexa de San Paio (1840).
Cruza o [[río Sionlla]] ou rego de Lavacolla, onde os peregrinos se lavaban e mudaban de roupa para entrar limpos en Santiago. Este rito, medio medida hixiénica e medio ritual purificador, xa se cita no ''Calixtino'' no século XII: "''porque ... os peregrinos franceses que ían a Santiago espíanse e, por mor do Apóstolo, acostumaban a lavar non só as súas partes senón a suciedade de todo o corpo''".
Liña 611:
* [[Xosé Ramón Pousa|Pousa, Xosé Ramón]], e [[Xurxo Lobato|Lobato, Xurxo]]: ''El Camino de Santiago'', [[La Voz de Galicia]] 1992.
* [[Elías Valiña|Valiña Sampedro, Elías]]: ''O Camiño de Santiago. Guía do Peregrino''. Galaxia, Vigo 1992.
* Varela García, Isaura: "Camiño de Santiago", en ''[[Gran Enciclopedia Galega]]'', tomo 7, pp.
=== Outros artigos ===
* [[Camiño Inglés]]
|