Sinfonía núm. 8 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Estrutura e forma: Arranxos using AWB
Liña 159:
== Análise ==
=== Estrutura e forma ===
As dúas partes da ''Oitava Sinfonía'' combinan o texto sagrado do himno en latín do [[século IX]] ''Veni Creator Spiritus'' co texto laico das pasaxes do final do poema dramático ''Fausto'' de Goethe, escrito no [[século XIX]]. A pesar das disparidades obvias presentes nesta xustaposición, a obra en conxunto expresa unha única idea: a redención a través do poder do amor.<ref name="DLG905">{{cita Harvard|La Grange|2000|pp=905–07|sp=si}}</ref><ref name="NewGrove">Mitchell (1980), pp. 523–24|sp=si}}</ref> A elección destes dous textos non foi arbitraria; Goethe , un poeta que Mahler admiraba, cría que ''Veni Creator'' encarnaba os aspectos da súa propia filosofía e traduciuno ao alemán en [[1820]].<ref name="DG">{{cita Harvard|Mitchell|1995|p=11|sp=si}}</ref> Unha vez sentiuse inspirado pola idea do ''Veni Creator'', Mahler pronto viu o poema ''Fausto'' como a contraparte ideal ao himno latino.<ref>{{cita Harvard|La Grange|2000|p=891|sp=si}}</ref> A unidade entre as dúas partes da sinfonía establécese, musicalmente, na medida en que comparten material temático. En particular, as primeiras notas do tema ''Veni Creator'' ([[mi bemol]]→[[si bemol]]→[[la bemol]]) dominan os clímax de ambas as partes;<ref name="DLG905" /> na culminación da sinfonía, a glorificación de Goethe da "feminidade eterna" toma a forma dun coral relixiosao.<ref name="Cooke93">{{cita Harvard|Cooke|1980|pp=93–95|sp=si}}</ref>
 
Ao compoñer a partitura, Mahler abandonou temporalmente os elementos de maior progresividade tonal que apareceran nas súas obras temperás.<ref name="DLG905" /> A tonalidade da sinfonía é, tratándose de Mahler, inusualmente estable; a pesar das frecuentes [[modulación (música)|modulacións]] a outras tonalidades, a música sempre volta á tonalidade principal de [[mi bemol maior]].<ref name="Cooke93" /> Esta é a primeira das súas obras na que elementos identificativos seus, como cantos de paxaros, marchas militares ou danzas austríacas, son case inexistentes.<ref name="DLG905" /> Aínda que os numerosos efectivos corais e orquestrais empregados suxiren unha obra dun son monumental, de acordo co crítico Michael Kennedy "a expresión predominante non é a de torrentes de son senón os contrastes entre as sutís cores tonais e a luminosa calidade da orquestración».<ref name="K151" />