Vinte mil leguas baixo dos mares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
m →‎Argumento: Arranxos using AWB
Liña 28:
A trama está narrada en primeira persoa polo profesor francés Pierre Aronnax, un notable [[bioloxía|biólogo]] mariño. Xunto co seu axudante Conseil e o experto arpoador Ned Land, embarcan nunha fragata que persegue un monstro que vive baixo os mares, coñecido co nome de [[Narval]]. Logo dun accidente, os tres caen prisioneiros do [[Capitán Nemo]], e son conducidos polos océanos a bordo do [[submarino]] [[Nautilus]].
 
A historia comeza cunha expedición a bordo do buque da mariña de guerra estadounidense Abraham Lincoln ó mando do almirante [[David Glasgow Farragut|Farragut]] que busca dar captura a un estraño [[cetáceo]] dun tamaño extraordinario, que seica produciu a desaparición misteriosa de diversas embarcacións. Porén, o buque naufraga ó ser alcanzado por unha tempestade e o profesor Aronnax e o seu acompañante Conseil son rescatados polo arpoador canadense Ned Land, logrando chegar a nado a un lugar seguro. Unha vez a salvo, descobren que non se encontran realmente nunha [[illa]], senón sobre unha estrutura metálica que está sobre a superficie do mar.
 
No interior do misterioso artefacto coñecen o [[Capitán Nemo]], que lles mostra toda a nave. Aínda que son moi ben tratados, son informados de que os que ingresan no Nautilus e non volverán saír nunca, polo que lles son revelados moitos segredos e recorren diversos lugares, como a mítica [[Atlántida]]. A través do personaxe de Aronnax, Jules Verne dá testemuño de varios posibles inventos, como escafandros autónomos para mergullo, fusís con balas eléctricas ou máquinas para produciren aire respirable. Ó mesmo tempo, vanse describindo as paisaxes que van percorrendo nun xigantesco periplo. Algunhas destas paisaxes relatadas son bastante fidedignas, xa que Verne adoitaba basearse nas crónicas e diarios de viaxeiros reais, como no caso do [[Mar de Ardora]]. Noutras ocasións o relato provén da súa imaxinación, como na chegada ó [[Polo Sur]].
Liña 37:
 
Como noutras das súas obras, nesta novela o autor narra unha viaxe de aventuras, chea de [[utopía]]s e hipóteses científicas e tecnolóxicas, que co tempo serían reais.
 
 
 
== Serie ==