Diferenzas entre revisións de «Tobi»

m
Arranxos using AWB
m (Bot: Elimino o modelo: Spoiler)
m (Arranxos using AWB)
{{Animanga peche}}
'''Tobi''' (トビ) é un personaxe do [[manga]] e [[anime]] ''[[Naruto]]''. É membro da [[Organización Akatsuki]], o de máis recente entrada, trala morte de [[Sasori]] ao cal substitúe. Inicialmente foi subordinado de [[Zetsu]], e cando entrou en Akatsuki formou equipo con [[Deidara]]. Leva o que foi o anel de [[Sasori]], 玉 (a virxe), no polgar esquerdo.
 
 
== Descrición ==
Tobi ten o pelo negro e unha máscara laranxa cun deseño en espiral que lle cobre a face por completo. O centro da espiral sitúase sobre o lugar do ollo dereito, no cal se ve que posúe o [[Sharingan]]. Non leva ningún protector visíbel, así que non se pode identificar a Aldea Oculta da que provén, aínda que ao posuír o Dōjutsu do clan Uchiha parece que é da vila de Konoha.
 
Ao principio ten un carácter atípico: é bromista, berra moito, e é pouco serio para ser un membro de Akatsuki, onde os demais son perigosos criminais e renegados, aínda que durante unha pelexa con Deidara, Pain di que non se enfronte a el ou verá o verdadeiro poder de Tobi. Non se sabe nada do seu pasado antes do seu ingreso na organización, nin sequera do seu período como axente de Zetsu.
 
A pesar de estar sempre de regueifa con Deidara polos seus mal elixidos comentarios, respéctao, como demostra ao falar con el. Malia ameazalo de morte e, ata atacalo coa arxila explosiva nalgunha que outra ocasión, Deidara pediu desculpas a Tobi por inmolarse, o que demostra certo respecto por el. A Kisame tamén lle cae ben por que segundo as súas palabras ''era o único que tiña a habilidade de alegrar unha organización melancólica e aburrida''.
393.002

edicións