Todo é silencio (novela): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Elimino o modelo: Spoiler
m →‎Trama: Arranxos using AWB
Liña 27:
 
== Trama ==
 
 
A novela divídese en dúas partes: "O silencio amigo" (capítulos I a XVI) e "O silencio mudo" (XVII a XLV).
Liña 33 ⟶ 32:
Mariscal é un [[contrabando|contrabandista]] da vila [[océano Atlántico|atlántica]] de Brétema.<ref>Debido a certa polémica pola coincidencia do topónimo Brétema co usado en varios libros por [[Marina Mayoral]], Rivas decidiu cambiar o nome da vila polo de Noitía nas seguintes edicións. [http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2010/12/22/silencio-queda-bretema/450593.html ´Todo es silencio´ se queda sin Brétema] {{es}} [http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=2598298& Ficha do libro na Editorial Xerais]</ref> Os seus pais comezaron co contrabando de [[volframio]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]]; logo de estudar no [[seminario]], pasouse ao [[tabaco]] ''rubio de batea'', e tras contactar cos clans [[colombia]]nos, ao [[narcotráfico]]. Aos poucos, vai tecendo unha rede de control social, económico e institucional. A vida na vila aparece marcada pola [[economía somerxida]], e o destino dos seus habitantes pola sombra da corrupción e o poder.
 
Fins, Brinco e Leda son tres rapaces de Brétema. Fins queda orfo ao morrer seu pai pescando con [[dinamita]], e marcha a estudar a [[Cádiz]]. Brinco e Leda casan e teñen un fillo, e únense ao clan de Mariscal. Co tempo, Fins (que xa desde pequeno sofre [[epilepsia]]) regresa á vila como inspector da [[Garda Civil]], encargado de loitar contra o narcotráfico. Brinco, que chega a rexentar un club de alterne, pensa en matalo.
 
O clan vai medrando, e os seus membros medran na súa posición social e económica. Porén, mentres algúns levan o aumento da súa riqueza con sobriedade, outros fachendean en exceso, mostrándose con vehículos, vivendas e traxes opulentos. Mariscal postúlase como candidato á alcaldía de Brétema, e Brinco chega a presidir o club de fútbol da vila.