Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
→‎As galaxias: estrela (astronomía)
(→‎As galaxias: exto traducido desde a wiki .es:Universo#Las galaxias)
m (→‎As galaxias: estrela (astronomía))
{{Artigo principal|Galaxia}}
[[Ficheiro:Milky Way galaxy.jpg|miniatura|Recreación artística da Vía Láctea.]]
A gran escala, o universo está formado por [[galaxia]]s e agrupacións de galaxias. As galaxias son agrupacións masivas de [[estrela (astronomía)|estrelas]]s, e son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia no universo. A través do telescopio maniféstanse como manchas luminosas de diferentes formas. Á hora de clasificalas, os científicos distinguen entre as galaxias do [[Grupo Local]], composto polas trinta galaxias máis próximas e ás que está unida gravitacionalmente a nosa galaxia (a [[Vía Láctea]]), e todas as demais galaxias, ás que chaman "galaxias exteriores".
 
As galaxias están distribuídas por todo o universo e presentan características moi diversas, tanto no que respecta á súa configuración como á súa antigüidade. As máis pequenas abarcan ao redor de 3000 millóns de estrelas, e as galaxias de maior tamaño poden chegar a abarcar máis dun billón de astros. Estas últimas poden ter un diámetro de 170 000 anos luz, mentres que as primeiras non adoitan exceder dos 6000 anos luz.
104.562

edicións