Diferenzas entre revisións de «Universo»

→‎As galaxias: exto traducido desde a wiki .es:Universo#Las galaxias
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|3}} +{{Listaref|30em}}))
(→‎As galaxias: exto traducido desde a wiki .es:Universo#Las galaxias)
Os [[Física teórica|cosmólogos teóricos]] estudan modelos do conxunto espazo-tempo que estean [[conxunto conexo|conectados]], e buscan modelos que sexan consistentes cos modelos físicos cosmolóxicos do espazo-tempo na escala do [[universo observable]]. Con todo, recentemente tomaron forza teorías que contemplan a posibilidade de ''multiversos'' ou varios universos coexistindo simultáneamente. Segundo a recentemente enunciada [[teoría de multiexplosións]] preténdese dar explicación a este aspecto, poñendo en relevo unha posible convivencia de universos nun mesmo espazo.<ref>{{cita libro|título=Sus modelos son especulativos pero utilizan los métodos de la física de la Royal Astronomical Society | volume = 347 | páxinas = 921—936 | ano = 2004 | url = http://arxiv.org/abs/astro-ph/0305292 | dataacceso= 23 de agosto do 2015 |lingua=en}}</ref>
=== O universo, unha ilusión? ===
Científicos do King's College de Londres lograron recrear as condicións inmediatamente seguidas ao Big Bang a través do coñecemento adquirido durante dous anos da [[Bosón de Higgs|partícula de Higgs]] e chegaron á conclusión de que, posiblemente, o universo colapsou, ata deixar de existir case axiña que cando empezou,<ref>[http://www.forbes.com/sites/bridaineparnell/2014/06/24/higgs-boson-seems-to-prove-that-the-universe-doesnt-exist/ Higgs Boson Seems To Prove That The Universe Doesn't Exist] {{en}}</ref> o que suscita a idea de que todo o que vemos non existe e só é o pasado dos astros.<ref>[http://ar.tuhistory.com/noticias/un-estudio-demuestra-que-el-universo-dejo-de-existir-hace-14-mil-millones-de-anos Un estudio demuestra que el universo dejó de existir hace 14 mil millones de años] {{es}}</ref>
== Estruturas agregadas do universo ==
 
=== As galaxias ===
{{Artigo principal|Galaxia}}
[[Ficheiro:Milky Way galaxy.jpg|miniatura|Recreación artística da Vía Láctea.]]
A gran escala, o universo está formado por [[galaxia]]s e agrupacións de galaxias. As galaxias son agrupacións masivas de [[estrela]]s, e son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia no universo. A través do telescopio maniféstanse como manchas luminosas de diferentes formas. Á hora de clasificalas, os científicos distinguen entre as galaxias do [[Grupo Local]], composto polas trinta galaxias máis próximas e ás que está unida gravitacionalmente a nosa galaxia (a [[Vía Láctea]]), e todas as demais galaxias, ás que chaman "galaxias exteriores".
 
As galaxias están distribuídas por todo o universo e presentan características moi diversas, tanto no que respecta á súa configuración como á súa antigüidade. As máis pequenas abarcan ao redor de 3000&nbsp;millóns de estrelas, e as galaxias de maior tamaño poden chegar a abarcar máis dun billón de astros. Estas últimas poden ter un diámetro de 170&nbsp;000&nbsp;anos&nbsp;luz, mentres que as primeiras non adoitan exceder dos 6000&nbsp;anos&nbsp;luz.
 
Ademais de estrelas e as súas astros asociados (planetas, asteroides, etc...), as galaxias conteñen tamén [[medio interestelar|materia interestelar]], constituída por po e gas nunha proporción que varia entre o 1 e o 10&nbsp;% da súa masa.
 
Estímase que o universo pode estar constituído por uns 100&nbsp;000&nbsp;millóns de galaxias, aínda que estas cifras varían en función dos diferentes estudos.
 
== Notas ==
104.569

edicións