Bandeira de Abkhazia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
Liña 9:
}}
{{Contén texto cirílico}}
A '''bandeira de [[Abkhazia]]''' (en [[Lingua abkhaza|abkhazo]]: Аҧсуа абыраҟ) foi adoptada polo goberno separatista de dito territorio o [[23 de xullo]] de [[1992]]. Esta bandeira consta de catro franxas verdes e tres franxas brancas. No cantón atópase un rectángulo vermello que contén a palma dunha [[man]] rodeada parcialmente por sete estrelas de cinco puntas.
 
== Características ==
Suponse que o cantón vermello coa palma e as estrelas era empregado previamente como símbolo do [[Reino de Abkhazia]] durante os séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]]. As sete estrelas representarían ás sete provincias históricas do país: Sadzen (Dzhigetia), Bzyp, Gomaa, Abzhwa, Samurzaq'an, Dal-Ts'abal e Pshoy-Aybga. Algúns relatos de mercaderesmercadores [[xénova|xenoveses]] describirían o uso desta bandeira na actual cidade de [[Suxumi]]. Por outro lado, as sete franxas representan a tolerancia relixiosa entre o [[Islam]] e o [[Cristianismo]] e tamén lembran á antiga bandeira da [[República Montañosa do Cáucaso]].
 
Previamente, como parte da [[Unión Soviética]], a bandeira constaba simplemente dun campo vermello coa imaxe do sol de bordes marelos no cantón rodeado na parte superior polas letras ''CCP'' e na inferior por ''Аҧсны'', que significan RSS (República Socialista Soviética) e Abkhazia en [[lingua abkhaza]].