Deambulatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
É un elemento característico da [[arquitectura románica]] que logo se fixo extensivo á [[Arte gótica|gótica]]. A súa utilidade xurdiu coa peregrinación masiva aos lugares de devoción popular, cando unha multitude de fieis concorría nunha igrexa e se aprestaba a venerar as [[reliquia]]s que nela se atesouraban. Este corredor proporcionaba a necesaria fluidez de circulación para que todos alcanzasen a reverenciar as sacras reliquias e para non interromper a cerimonia relixiosa que se puidese estar oficiando na capela maior.
 
O normal é que na cabeceira da [[nave (arquitectura)|nave central]] se sitúe o [[presbiterio]] e a continuación a capela principal contendo o altar maior e formando unha [[ábsida]] de planta semicircular ou poligonal. En tal caso, o deambulatorio adóitase formar pola prolongación das naves laterais que envolven a ábsida polo seu exterior. En ocasións, ábsida e deambulatorio non están separados por un muro cego, senón por unha arquería que ofrece permeabilidade ao conxunto. É así mesmo habitual que ao redor del se dispoñan unha serie de [[absidioloabsidiola]]s radiais, cada ununha dosdas cales alberga unha pequena capela.
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]